A Misión Biolóxica do CSIC, a Fundación Juana de Vega e a Asociación de Produtores de Aceite de Oliva de Galicia presentan os resultados finais do proxecto de investigación “Caracterización e recuperación de variedades autóctonas de oliveira de Galicia” financiado pola Fundación Juana de Vega entre o anos 2017 e 2021.
O proxecto foi desenvolvido polo Grupo de Viticultura da Misión Biolóxica de Galicia (Pontevedra) do Consello Superior de Investigacións Científicas, dirixido por Carmen Martínez Rodríguez, grupo que desenvolve actividades de I+D no ámbito científico-tecnolóxico da viticultura e dende o ano 2012, tamén en oliveiras galegas.
No marco do proxecto, realizouse unha extensa prospección por todo o territorio de Galicia, marcando e estudando ata a data máis de 167 oliveiras milenarias. O traballo permitÍu a recuperación e descrición de 20 variedades de oliveira galegas únicas no mundo, para 11 das cales iniciouse o proceso de rexistro varietal (Registro internacional de variedades de interés comercial) no Centro de Examen de Variedades de Oliva (CEVO) da Universidade de Córdoba (UCO).
Lugar:
Salón de actos da Misión Biolóxica de Galicia
Pazo de Salcedo. Carballeira, 8. Salcedo. 36143 Pontevedra
Data e formato da conferencia:
24 de marzo de 2022 de 11:00 a 13:00 h.
A conferencia será presencial e tamén se retransmitirá por streaming.
Os inscritos na modalidade online recibirán a ligazón por correo electrónico uns días antes do evento.