Programa de formación semipresencial sobre canles curtas de comercialización de alimentos 2023

Maio 2023

O programa formativo pon a disposición de todos os interesados, de forma aberta e gratuíta, os materiais en liña desenvolvidos no proxecto Erasmus + Foodimprov’iders complementados cunha oferta de conferencias web breves e un obradoiro presencial no mes de maio de 2023.

No marco do proxecto Erasmus + "FOODIMPROV'IDERS" no que a Fundación Juana de Vega participa con outros 5 socios de Francia, Italia, Hungría, Eslovenia e Bulgaria, elaborouse o curso modular en liña "Canles curtas de comercialización no sector agroalimentario"

Este ano abrimos a inscrición definitiva aos módulos en liña de xeito gratuíto para todas as persoas interesadas.

A oferta online complétase cun obradoiro de emprendemento e un programa de conferencias web curtas entre os meses de febreiro e xuño.

Inscrición gratuíta aberta de forma continua para módulos en liña e sesións de webconference.

Formación en liña aberta 

Acceso gratuíto aos cursos da plataforma FOODIMPROV'IDERS, previa inscrición a través da web da Fundación Juana de Vega.

  • Modulo 1.- Presentación do proxecto.
  • Módulo 2.- Seguridade alimentaria.
  • Módulo 3.- Xestión.
  • Módulo 4.- Etiquetaxe
  • Módulo 5.- Canles alimentarias alternativas.
  • Módulo 6.- Procesado de alimentos.
  • Módulo 7.- Marketing
  • Módulo 8.- Casos de estudo.

Para solicitar o certificado de aproveitamento do módulo é necesario realizar a proba de coñecementos e completar a enquisa de satisfacción que se atopa ao final de cada módulo formativo.

É posible obter un diploma xeral de aproveitamento se se completan os 8 módulos en liña e se acredita a asistencia a 4 conferencias web.

Obradoiro práctico "Construíndo o escenario futuro da miña empresa" 

Obradoiro para emprendedores do ámbito agroalimentario no que, mediante a metodoloxía interactiva LEGO® SERIOUS PLAY®, poden identificar e afondar na situación actual da empresa/negocio/proxecto e visibilizar o seu estado nun horizonte temporal de 3 anos, definindo unha primeira folla de ruta para axudarlles a pasar do estado inicial A ao estado desexado B.

  • Data: xoves 4 de maio
  • Horario: 10:00-13:00
  • Prazas: 12
  • Lugar: Sede da Fundación Juana de Vega. San Pedro de Nós- Oleiros

Terán preferencia os estudantes que teñan superado con éxito polo menos 3 módulos en liña.

Sesións de conferencia web 

Píldoras formativas complementarias aos módulos en liña en formato de conferencia web síncrona de 45 min de duración.

O acceso ás conferencias require inscrición previa e pódese realizar dende a páxina da Fundación Juana de Vega.

Para recibir a ligazón á sesión é necesario estar inscrito nalgún dos módulos en liña que se ofrecen na plataforma.

Axenda

A grella de conferencias web ampliarase nos próximos meses, pero actualmente ten as seguintes sesións confirmadas:

Febreiro-marzo 2023

Mércores 22 de febreiro, 15:30 h
Principios para la construción dunha marca de éxito. Sesión I.
Que é o que quere o teu cliente, non o que ti queres facer. Construír unha marca relacionada co mercado.

Martes 7 de marzo de, 10:00h
Proxecto Eco-comedores.
Proxecto de cooperación entre once GDR, Gadisa e a Axencia Galega de Servizos Sociais que nace coa finalidade de facilitar a comercialización de produtos locais e ecolóxicos nos comedores escolares de cada territorio.

Mércores 22 de marzo, 15:30 h
Principios para construír unha marca de éxito. Sesión II. Continuación.

Abril 2023

Luns 10 de abril, 10:00h
A estratexia alimentaria EO alimenta e presentación do estudo sobre “A percepción social acerca dos sistemas de produción e consumo local de alimentos”

Mércores 12 de abril, 15:30 h
Como comunico o meu produto? Sesión I
Articula a comunicación dos teus produtos a través dos beneficios.

Martes 18 de abril de, 10:00h
Proxecto Daqui darredor: proxecto colaborativo que pon a disposición dos produtores un matadoiro móbil de aves e coellos, un taller compartido e o mercado dúas veces ao mes para a venda de produtos agroalimentarios locais en Brión.

Mércores 26 de abril, 15:30 h
Como comunico o meu produto? Sesión II. Continuación.

Maio 2023

Xoves 4 de maio, 10:00-13:00 h
Obradoiro práctico “Construíndo o escenario futuro da miña empresa”

Mércores 10 de maio, 15:30 h
Establece o prezo do noso produto. Sesión I
Claves para fixar prezos e promocións que podemos levar a cabo para estimular a demanda.

Mércores 24 de maio, 15:30 h
Establece o prezo do noso produto. Sesión II. Continuación.

Xuño 2023

Mércores 7 de xuño, 15:30 h
Como subir o prezo sen morrer no intento? Sesión I. Estratexias para aumentar o prezo dos nosos produtos evitando a perda de clientes.

Mércores 21 de xuño, 15:30 h
Como subir o prezo sen morrer no intento? Sesión II. Continuación.