Proxectos

O Foro Territorio Rural Resiliente é unha iniciativa independente impulsada desde a sociedade civil que busca contribuír a un rural máis dinámico, resiliente e preparado para afrontar os retos demográficos, económicos e ambientais, a través dunha mellor ordenación e xestión do territorio. Para iso, a iniciativa promoveu un proceso participativo no que especialistas de diferentes ámbitos analizaron os principais

O Grupo Operativo Supraautonómico REBAÑOS DE CUSTODIA propón un modelo que sitúa a gandería extensiva de vacún, caprino e ovino no centro dunha estratexia territorial ampla. A iniciativa aposta por unha forma de producir alimentos que xera emprego no rural, contribúe ao mantemento do territorio e favorece paisaxes con maior diversidade e resiliencia fronte ao lume. A iniciativa desenvolverase

O Grupo Operativo Supraautonómico TERRANOVA impulsa a remuda xeracional agraria mediante a creación e o fortalecemento de ecosistemas territoriais de apoio. O proxecto desenvolverase en tres territorios piloto: Condado-Paradanta en Galicia; Narcea en Asturias; e Busturialdea-Urdaibai en Euskadi, e aspira a escalar as aprendizaxes a outras rexións do territorio nacional. O seu obxectivo é mellorar as condicións para asegurar

  GREENSEED é un proxecto europeo de cooperación transfronteiriza que impulsa o emprendemento en bioeconomía en Galicia e no Norte de Portugal. Reúne administracións públicas, universidades e entidades especializadas en desenvolvemento rural co obxectivo de reforzar o apoio ás persoas emprendedoras e transformar o potencial dos recursos do territorio en novas oportunidades de desenvolvemento sostible no rural. A Eurorrexión

  As comarcas ourensás de Valdeorras e Terra de Trives concentran unha parte significativa dos soutos de Galicia e atesouran unha longa tradición vinculada á cultura da castaña. Porén, nas últimas décadas este sistema socioeconómico sufriu un progresivo deterioro debido ao abandono rural, ao envellecemento da poboación e á baixa rendibilidade dos modelos produtivos tradicionais. Como consecuencia disto, moitos

A Fundación Juana de Vega impulsa, xunto coa Fundación Eduardo Pondal e co apoio do Instituto de Estudos do Territorio (IET), o proxecto "O Couto Florido", unha iniciativa de revitalización paisaxística e ecolóxica do núcleo rural do Couto, en Ponteceso (A Coruña). A proposta nace coa vontade de activar procesos de transformación sostible e participativa que poñan en valor

O proxecto Soil&WineResidues céntrase en impulsar un modelo produtivo no sector vitivinícola para acadar a sostibilidade do solo do viñedo, a través do aproveitamento ecoeficiente in situ dos residuos lignocelulósicos xerados nas viñas para mellorar a saúde e calidade dos solos, o desenvolvemento de produtos comerciais e a xeración de enerxía renovable, reducindo así a dependencia de insumos externos

O Grupo Operativo REDE GALEGA DE GRANXAS MODELO ten como obxectivo analizar os modelos produtivos de Galicia en cada un dos sectores máis relevantes do noso agro. Tras esta análise, establecerase unha rede piloto de granxas que permitirá recoller de forma continuada datos técnico-económicos para a monitorización dos custos de produción, que son clave para garantir a viabilidade económica

O proxecto ECOCOMEDORES xurdiu en 2015 como unha alianza entre varios centros escolares e a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas para potenciar o consumo de produtos ecolóxicos, de tempada e de proximidade. Sumáronse despois a EIM A Caracola e a Fundación Juana de Vega. Entre 2020 e 2022 traballouse na consolidación dos comedores escolares adscritos en 2015, incorporando comedores

Durante os próximos tres anos (2024-2026), o obxectivo principal do proxecto I-ReWater será mellorar a xestión dos recursos hídricos na agricultura, integrando o uso de auga urbana rexenerada en cultivos agrícolas e contemplando aspectos ambientais que aseguren o seu bo uso debido á crise climática actual. O resultado final será a presentación dunha Estratexia Transnacional de uso de augas

A Fundación Juana de Vega convoca o Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe 2024, categoría “Edificacións e instalacións produtivas” no medio rural, que se estrea por primeira vez este ano. O obxectivo deste galardón é darlle protagonismo a estas construccións como elementos que contribúen a mellorar a paisaxe de Galicia e poden servir de referencia social para