Premio Juana de Vega de intervencións na Paisaxe 2023

Premiados

Premio

Autores: MOL Arquitectura (Muiños + Otero + López Arquitectura)

Accésits

Autores: Manuel Eduardo López Vázquez e Belinda Yepes Jiménez

CONVOCATORIA 2023

Obxecto
O Premio Juana de Vega de intervencións na Paisaxe xorde do convencemento de que a paisaxe é un elemento fundamental do patrimonio de calquera sociedade humana por incidir directamente no seu benestar físico e social e por ser un recurso socio- económico de enorme potencial. Para poñer en valor e mellorar a calidade paisaxística do territorio, a Escola Galega da Paisaxe Juana de Vega convoca o Premio como recoñecemento a aquelas intervencións no patrimonio natural e construído que contribúan a mellorar a calidade dos elementos que configuran a paisaxe de Galicia e sirvan de referencia social para futuras intervencións no mesmo.

No ano 2023 convócase o Premio na categoría de INTERVENCIÓNS PRIVADAS NO PATRIMONIO CONSTRUÍDO E NA SÚA CONTORNA, que ten como obxecto recoñecer aquelas intervencións que recuperen o patrimonio construído e poñan en valor a súa contorna.

Prazos
O prazo de presentación de candidaturas estará aberto ata o 30 de xuño de 2023 e o fallo do xurado darase a coñecer no último cuadrimestre do ano.

Valoración
Dentro da súa liberdade para tomar decisións, o xurado deberá valorar os seguintes aspectos nos proxectos presentados ao premio:

  • Posta en valor dos elementos construídos.
  • Integración na contorna.
  • Incorporación de criterios de sostibilidade.
  • Economía no uso dos materiais.

Candidatos
Poden ser candidatos ao premio:

Autor/es do proxecto ou da intervención, cuxo promotor sexa unha persoa física ou xurídica de natureza privada. Só se admitirán intervencións realizadas en Galicia, que fosen rematadas entre o 1 de xaneiro de 2020 e o 31 de decembro de 2022.

As candidaturas poden ser presentadas polo autor/es ou por un terceiro, incluídas asociacións ou outras entidades que teñan coñecemento de intervencións que ao seu xuízo, poidan ser merecedoras dos premios.

O xurado poderá premiar proxectos que non se presentasen á convocatoria se os consideran merecedores do mesmo.

Dotación
O premio terá unha dotación económica de 6.000,00 €. Ademais, os premiados recibirán un diploma acreditativo.

A criterio do xurado poderán concederse dous accésits, dotados cada un deles cun diploma e unha cantidade económica de 1.500,00 €.

Os traballos premiados serán difundidos a través da web da Fundación, redes sociais, prensa xeral e medios especializados.

Xurado
O xurado estará formado por:

Presidente:Gonçalo Byrne, Arquitecto Portugués.
SecretarioPedro Calaza Martínez, Doutor Enxeñeiro Agrónomo, Doutor Arquitecto da Paisaxe e Director da Escola Galega da Paisaxe Juana de Vega.
Vogais
- María Isabel Iglesias Díaz, Doutora en Ciencias Biolóxicas e Profesora Titular do departamento de Produción Vexetal e Proxectos da Enxeñería da Universidade de Santiago de Compostela.
- Teresa Táboas Veleiro, Doutora Arquitecta e Membro do Consello da Unión Internacional de Arquitectos.
- Covadonga Carrasco López, arquitecta en CREUSeCARASCO, con varios galardóns, entre eles o Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe, na categoría de vivendas unifamiliares e o Premio da Bienal de Venecia pola Remodelación do Porto de Malpica.
- Encarna Otero Cepeda, Historiadora e membro do Padroado do Museo do Pobo Galego.
- Jesús Sánchez García, Catedrático de Historia do Arte da Universidade de Santiago de Compostela.
- Enrique Sáez Ponte, Presidente da Fundación Juana de Vega.

Incompatibilidade
Non poderán optar ao premio os membros do xurado e os seus asociados ou colaboradores de calquera tipo, os empregados da Fundación Juana de Vega, así como os familiares dos mesmos, calquera que sexa o grao de parentesco.

Documentación
A proposta deberá acompañarse da seguinte documentación:

a _ Formulario de presentación de candidaturas (ANEXO) cumprimentado e asinado polo autor ou pola persoa que presenta a candidatura.
b _ Certificación asinada polos autores na que se dea fe do remate da obra dentro do prazo establecido no apartado periodicidade das bases, así como a data de visado e o número de expediente colexial, acompañado do certifica- do final de obra, no caso de que polo tipo de intervención, se requira visado colexial.
c _ Declaración Xurada do autor ou autores sobre os datos económicos obxecto do proxecto ou da intervención, na que se indicará o orzamento total de execución da intervención rematada e metros cadrados obxecto da mesma.
d _ Declaración xurada do autor ou autores na que se dea fe de non incumprir ningún suposto de incompatibilidades sinaladas no apartado de incompatibilidade.
e _ Fotografías e planos do estado previo ao inicio das obras e do estado final das mesmas.
f _ Plano de situación da intervención que permita a súa localización.
g _ Breve memoria descritiva da intervención en formato DIN A3 en horizontal, a unha soa cara, na que xustificarán os materiais empregados e os demais valores estimados a xuízo do autor/es. Esta memoria acompañarase de planos de situación e representativos da intervención realizada, no mesmo formato DIN A3.

Toda a documentación deberá presentarse en soporte papel co formato e as dimensións indicadas nos apartados anteriores ademais de en soporte dixital en arquivo PDF e as fotografías deberán ter unha resolución mínima de 300PPP en formato JPG.

A documentación achegada quedará en propiedade da Fundación Juana de Vega. Igualmente, todo o material gráfico e foto- grafías estarán libres de dereitos de autor e os concursantes galardoados co Premio ou cun accésit, autorizan expresamente á Fundación Juana de Vega, polo feito de presentar a súa candidatura, a utilizar a documentación gráfica para a edición de publi- cacións en soporte papel ou en dixital, co obxectivo de difundir os resultados das diferentes convocatorias.

Lugar de presentación de candidaturas
As candidaturas deberán presentarse en:

Fundación Juana de Vega
Rúa Salvador Allende, 92, 15176, San Pedro de Nós – Oleiros (A Coruña)
Tel. +34 981 654 637
Email: info@juanadevega.org

Fallo do xurado
O xurado, á vista da documentación presentada, poderá realizar unha selección previa daquelas intervencións ou obras que considere reúnen condicións suficientes para optar ao premio, e realizar unha posterior visita ás mesmas. Os premios e os accésits poderán quedar desertos se as propostas presentadas non se consideran axustadas aos obxectivos do mesmo.

Unha vez analizadas todas as propostas, as decisións do xurado adoptaranse por maioría simple, sen voto de calidade. As deci- sións do xurado así adoptadas serán inapelables.

O fallo do xurado farase público a través da páxina web da Fundación Juana de Vega e noutros medios. Igualmente, os autores premiados recibirán unha comunicación por escrito na que se lles dará conta da resolución do xurado.

A entrega do premio realizarase nun acto público que terá lugar na sede da Fundación Juana de Vega, no último cuadrimestre de cada ano.

Aceptación das bases
A simple presentación de propostas para optar ao premio, implica o coñecemento e a plena aceptación das bases da convocatoria que pode consultarse aquí, así como as bases deste premio.

Entrega do premio
Acta do Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe 2023

Share