BIOservicES | Interconexións entre a biodiversidade do solo e as funcións e servizos ecosistémicos en diferentes usos do territorio

O proxecto europeo BIOservicES centrarase en identificar as presións e os impulsores resultantes de diferentes usos do territorio e do cambio climático e levará a cabo unha valoración económica da contribución destes organismos aos servizos ecosistémicos.

BIOservicES (Linking soil biodiversity and ecosystem functions and services in different land uses: from the identification of drivers, pressures and climate change resilience to their economic valuation) afondará nas interconexións entre a biodiversidade do solo, os seus organismos e as funcións e servizos ecosistémicos en diferentes usos do territorio. Este proxecto pretende proporcionar novos coñecementos, indicadores e ferramentas dixitais para a toma de decisións que axuden a deseñar prácticas de xestión resilientes ao clima e programas de seguimento, conservación e restauración adaptados aos distintos territorios europeos.

BIOservicES tamén ten unha misión de concienciación, enfocada en destacar o papel crucial dos organismos do solo nos ecosistemas.

Quen somos?
BIOservicES involucra a 22 socios de once países. No consorcio hai desde universidades e centros de investigación como empresas e fundacións, como a Juana de Vega, que suman unha ampla experiencia en agricultura, innovación e comunicación. O consorcio está coordinado por Raúl Zornoza, catedrático da área de Edafoloxía e Química Agrícola da Universidad Politécnica de Cartagena.

Consorcio:

  1. Universidad Politécnica de Cartagena (España)
  2. Universidade de Vigo (España)
  3. LGI Sustainable Innovation (Francia)
  4. Eigen Vermogen van het Instituut voor Landbouw - En Visserijonderzoek (Bélxica)
  5. Johann Heinrich Von Thuenen-Institut, Bundesforschungsinstitut Fuer Laendliche Raeume, Wald Und Fischerei (Alemaña)
  6. Consiglio Per La Ricerca In Agricoltura El'analisi Dell'economia Agraria (Italia)
  7. Zabala Innovation Consulting (España)
  8. Fondazione Centro Euro-Mediterraneosui Cambiamenti Climatici (Italia)
  9. Agencia Estatal Consejo Superior De Investigaciones Científicas (España)
  10. Technische Universitaet Muenchen (Alemaña)
  11. Wageningen University (Países Baixos)
  12. Latvijas Valsts Mezzinatnes Instituts Silava (Letonia)
  13. Universita Degli Studi della Tuscia (Italia)
  14. June Communications (Romanía)
  15. Soluciones Agrícolas Cultivate (España)
  16. Fundación Juana de Vega (España)
  17. Flachenagentur Rheinland GmbH (Alemaña)
  18. Sia Rigas Mezi (Letonia)
  19. Forschungsinstitut Fur Biologischen Landbau Stiftung - FiBL (Suíza)
  20. Arizona Board o Regents for and On Behalf of Northern Arizona University (EE.UU)
  21. SRUC (Reino Unido)
  22. The University of Sussex (Reino Unido)


Como imos alcanzar os nosos obxectivos?
O proxecto apóiase tecnicamente en 25 puntos nos que se desenvolverá o traballo experimental. Están situados en diferentes rexións bioxeográficas: alpina (Suíza), atlántica e mediterránea (España), continental (Alemaña) e boreal (Letonia). Representan diversos usos do solo e niveis de presión, o que permitirá estudar as interaccións entre os organismos e as funcións dos ecosistemas, co fin de desenvolver novas prácticas de xestión sostible.

Na rexión atlántica, os estudos lévanse a cabo nos municipios de Toén e Ourense (Galicia). Nestas áreas avaliaranse as propiedades do solo, tanto a súa estrutura e biodiversidade, en usos agrícolas, seminaturais, urbanos, mineiros e de humidais. En particular, estudarase o impacto do cambio climático en solos seminaturais, é dicir, antigas zonas de cultivo que foron reconvertidas en bosques de acacia, piñeiro e carballo. Para iso, farase un experimento que simula unha redución do 50 % nas precipitacións e un aumento de dous graos na temperatura. Este ensaio estenderase ata o verán do 2026 e estase levando a cabo tamén noutras tres rexións (alpina, boreal e mediterránea), con diferentes usos e intensidades, para obter unha imaxe máis ampla do impacto do cambio climático sobre os solos a nivel europeo.

Cal é o papel da Fundación Juana de Vega neste proyecto?
A Fundación Juana de Vega colabora en traballos relacionados coas zonas experimentais de Galicia e na medición dos servizos ecosistémicos culturais.

Programa financiador
Horizonte Europa

Duración
01/09/2023 - 31/08/2028 (60 meses)

Presuposto total
7.398.540€

Contribución da UE
7.398.540€ (100%)

Datos de contacto
Web: https://bioservices-project.eu
Redes sociais: Linkedin | X | Facebook | Instagram

Novas relacionadas