Resumo do proxecto
O principal obxectivo do proxecto PAISACTIVO é aumentar a resiliencia do territorio fronte ao risco de incendios, valorizando e mellorando a xestión sostible das terras agroforestais mentres que se protexen e dinamizan os asentamentos rurais e se promove a súa sostibilidade.
Para iso, desenvolverase un novo instrumento de planificación e acción, integral e innovador, os denominados Proxectos Territoriais Modelo, proporcionando un enfoque actualmente ausente e avanzando nos coñecementos, ferramentas, prácticas e cooperación necesarios para implantalo.
Quen somos?
O proxecto PAISACTIVO está coordinado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e, ademais da Fundación Juana de Vega, son socios a Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Concello de Monterrei (Ourense). Por parte de Portugal participan a Comunidade Intermunicipal do Tâmega e Sousa, a Câmara Municipal de Baião, o Centro de Estudos de Geografia e Ordenamento do Território (CEGOT) da Universidade de Porto e a Direção-Geral do Território.
Programa financiador
PAISACTIVO está financiado ao 75% polo Programa de Cooperación Interreg VIN A España – Portugal (POCTEP) 2021-2027 e ten un orzamento total de 1.581.486,26€
Período de execución
2023-2026
Datos de contacto
Web: paisactivo.eu (operativa a partir de febreiro de 2024)
Redes sociais (usuario @paisactivoEU)