Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe 2024 | Categoría Edificacións e instalacións produtivas

Ata o 30 de xuño de 2024, a Fundación Juana de Vega mantén aberta a convocatoria no Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe, categoría “Edificacións e instalacións produtivas” no medio rural, que se estrea por primeira vez este ano. O noso fin é darlles protagonismo a estas construccións como elementos que contribúen a mellorar a paisaxe de Galicia e poden servir de referencia social para futuras intervencións.