O proxecto ECOSPHEREWINES céntrase na mellora das paisaxes vinculadas ao cultivo da vide, un recurso económico e turístico fundamental no espazo SUDOE, especialmente nos territorios interiores, afectados polo despoboamento e o envellecemento, onde a preservación do capital natural e ambiental é crucial para as comunidades rurais xa que é fonte de riqueza.
O obxectivo deste proxecto é mellorar os servizos ecosistémicos prestados polas paisaxes agrícolas do viñedo a través da implementación dunha rede de infraestrutura verde en zonas de alto valor ecolóxico como estratexia enfocada á súa conservación e xestión sostible, mellorando a biodiversidade e aumentando a súa resiliencia fronte ao cambio climático.
Quen somos?
O consorcio ECOSPHEREWINES está integrado por 13 entidades con ampla experiencia en diferentes áreas relacionadas coa viticultura e a sostibilidade.
A maiores, outras 25 entidades expresaron o seu apoio oficial ao proxecto.
Consorcio ECOSPHEREWINES
Socios de España:
▪️ Fundación Juana de Vega
▪️ Universidade da Coruña. Vicerreitoría de Política científica, Investigación e Transferencia. Xestión Sostible dos Recursos Hídricos e do Solo
▪️ Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos
▪️ Pagos de Brigante
▪️ Instituto Tecnológico Agrario de Castilla y León. Subdirección de Investigación y Tecnología (ITACYL)
▪️ Asociación Plataforma Tecnológica del Vino de España (PTV)
▪️ ITER Investigación
Socios de Francia:
▪️ Institut Français de la Vigne et du Vin Pôle Sud-ouest
▪️ Interprofession des vins du Sud-ouest France
Socios de Portugal:
▪️ Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro. Escola de Ciências Agrárias e Veterinárias. Departamento de Agronomia
▪️ ADVID - Associação para o Desenvolvimento da Viticultura Duriense
▪️ Duorum Vinhos
Socios de interrexionais:
▪️ Agrupación Europea de Cooperación Territorial Duero-Douro España
Como imos acadar os nosos obxectivos?
Para abordar este reto, o consorcio ECOSPHEREWINES analizará a estado da arte en canto a infraestrutura verde a diversas escalas da paisaxe de viñedo, identificará os factores que impulsan ou dificultan a súa implementación e deseñará e testará unha metodoloxía ad hoc en dous pilotos (Noroeste peninsular e Francia).
A maiores, esta metodoloxía permitirá seleccionar, calcular, medir e cartografar os servizos ecosistémicos máis relevantes a diferentes escalas para establecer escenarios de futuro que permitan tomar decisións de planificación daquelas paisaxes de viñedo con características similares.
Esta base de traballo permitirá, a posteriori, a transferencia e capitalización transnacional das solucións testadas na Península Ibérica e sur de Francia para desenvolver unha xestión máis global e holística que mellore a biodiversidade, o medio ambiente e os servizos turísticos e culturais nas zonas rurais do espazo SUDOE.
Tres zonas de actuación
- España: noroeste do país (Galicia e Castilla y León) con accións na Coruña —Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo— e en Zamora (Fermoselle) —Reserva da Biosfera transfronteiriza Meseta Atlántica—. Ambas son zonas protexidas.
- Francia: en Occitana (suroeste do país), o piloto estará situado na rexión de Gaillac, unha zona cun gran historial de implementación de infraestrutura verde.
- Portugal: na zona do Douro, a acción desenvolverase en Foz Coa. A zona de estudo, en Rede Natura 2000 conta con diversas áreas de alto interese ambiental, paisaxístico e cultural.
Cal é o papel da Fundación Juana de Vega neste proxecto?
A Fundación Juana de Vega é o beneficiario principal e responsable da coordinación de ECOSPHEREWINES. Además, colaborará na caracterización de los paisajes de viñedo, diseño de la metodología específica para la evaluación dos servizos ecosistémicos e nas accións piloto da zona de Mariñas-Betanzos. En paralelo, tamén participará nas tarefas de comunicación y difusión.
Programa financiador
Interreg Sudoe
Duración
1 de xaneiro de 2024 a 1 de xaneiro 2027 (36 meses)
Orzamento total
1.628.638,25€
Contribución da UE
1.217.544,75€
Datos de contacto
Fundación Juana de Vega
Rúa Salvador Allende, 92. 15176 San Pedro de Nós (Oleiros, A Coruña)
T. 981 654 637 | info@juanadevega.org
Linkedin | X | Facebook | Instagram