Comezan as visitas do xurado de Vilas en Flor 2026 aos concellos participantes

Share

O movemento Vilas en Flor 2026 volve facer visible a súa actividade coas visitas de avaliación aos 40 municipios galegos que este ano aspiran a recibir as Flores de Honra (ata un máximo de cinco). Este é o galardón co que o programa recoñece a xestión sostible, a educación ambiental e a concienciación cidadá no coidado da contorna.  A gala anual celebrarase este ano en Salceda de Caselas (Pontevedra).

En Galicia, o movemento Vilas en Flor está promovido pola Fundación Juana de Vega xunto con Asvinor (Asociación de Viveristas del Noroeste) e Agaexar (Asociación Galega de Empresas de Xardinería). Nesta edición, volve contar co patrocinio da Consellería de Medio Ambiente, a través do Instituto de Estudos do Territorio.

O equipo de expertos percorre Galicia

O equipo de expertos voluntarios empezou hoxe a recorrer Galicia para valorar o traballo realizado durante o ano pasado polos gobernos municipais para continuar mellorando a xestión dos seus espazos verdes tendo en conta os aspectos contemplados nas bases. Estos son, entre outros,  o coidado do patrimonio vexetal e paisaxístico; o respecto polo medio ambiente e a sostibilidade;  o uso social e as sinerxías coa actividade turística.

Na seguinte táboa, indícase o calendario de visitas por concellos:

DÍA VISITA 1 VISITA 2 VISITA 3
01-Out Carballo Ponteceso Vimianzo
02-Out Mondariz Mondariz-Balneario
02-Out Allariz Leiro O Carballiño
05-Out A Guarda O Rosal Tomiño
08-Out Mos As Neves Ponteareas
08-Out Cambados Sanxenxo Marín
09-Out Culleredo Arteixo A Laracha
09-Out A Estrada Lalín Chantada
13-Out Abegondo
14-Out Cuntis Caldas Vilagarcía
16-Out A Pobra De Trives San Xoan de Río Manzaneda
16-Out Oza-Cesuras Curtis Sarria
20-Out Tui Salvaterra De Miño Salceda De Caselas
20-Out San Sadurniño As Somozas As Pontes

EXPERTOS INTEGRANTES DO XURADO

  • María Isabel Iglesias Díaz. Doutora en Ciencias Biolóxicas. Profesora titular na Escola Politécnica Superior da Universidade de Santiago de Compostela.
  • Carlos Cárcamo Álvarez. Enxeñeiro técnico agrícola no Concello de Ourense.
  • María Natividad Gilsanz Mosquera. Bióloga. Técnico de Medio Ambiente Concello de Ferrol.
  • Silvia V. Caffaro. Doutora enxeñeira agrónoma. Empresa: Viveros Florgalicia S.L.
  • Xurxo Xoán González Conde. Administrador de Viveiros Adoa. Xubilado.
  • Francisco Javier González Abuín. Enxeñeiro técnico agrícola. Experto en xestión de espazos verdes.
  • Manuel Torres Lavandeira. Doutor enxeñeiro agrónomo. Profesor titular na Escola Politécnica Superior da Universidade de Santiago de Compostela.
  • Manuel Rodilla del Barrio. Arquitecto técnico. Xubilado.
  • José Antonio Rivas Paz. Enxeñeiro agrónomo. Xerente da Fundación Ingeniería agronómica para el desarrollo de Galicia.
  • Amancio Lavandeira. Enxeñeiro técnico agrícola. Profesor no ciclo superior de Paisaxismo e Medio Rural na EFA Fonteboa.
  • Ana García Giraut. Enxeñeira técnica agrícola. Experta en xestión de espazos verdes.
  • Manuel Fontán Espiño. Dono do centro de xardinería Xesteiriña en Sanxenxo e da empresa Xenebro Xardín no Grove ata a súa xubilación.
  • Francisco Rodríguez Trinidad. Licenciado en Ciencias Biolóxicas. Xerente de Técnica arbórea gallega – Artec. Especialista en arboricultura.
  • José Alonso Pou. Técnico superior en Xestión e Organización dos Recursos Naturais e Paisaxísticos. Experto en xestión de espazos verdes.
  • Lucía Rodríguez Quintanilla. Enxeñeira agrónoma. Experta en xestión de espazos verdes.
  • Jorge Prieto Sevilla. Enxeñeiro agrónomo. Técnico municipal da Coruña.