
Arranca o Foro Territorio Rural Resiliente para pensar o futuro do rural galego desde a sociedade civil
“Por que estamos aquí? Precisamos unha visión compartida para planificar e ordenar o territorio rural para construír o territorio rural da Galicia do futuro”, explicaba José Manuel Andrade, director da Fundación Juana de Vega, durante a presentación do Foro Territorio Rural Resiliente.









