O Concello de Tomiño acollerá o vindeiro venres, 24 de novembro ás 12.00h a gala de entrega de Vilas en Flor Galicia.
O Auditorio de Goián será o escenario no que 38 municipios recibirán as Flores de Honra 2023, un distintivo que recoñece a súa xestión dos espazos verdes e que concede un xurado especializado composto por un equipo de expertos recoñecido prestixio no ámbito paisaxístico, o viverismo, a bioloxía e a formación agraria.
Os concellos inscritos nesta edición son:
A Coruña (15): Culleredo, Narón, Ortigueira, Ponteceso, Pontedeume, Sada, San Sadurniño, Oza-Cesuras, Abegondo, Arteixo, Coristanco, Carballo, As Somozas, Curtis, A Laracha.
Pontevedra (14): Caldas de Reis, Cambados, Cuntis, A Estrada, Gondomar, Lalín, Mondariz, Ponteareas, O Rosal, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Tomiño, Tui, Vilagarcía de Arousa.
Ourense (6): Allariz, O Carballiño, Leiro, Pobra de Trives, San Xoán de Río, Xinzo de Limia.
Lugo (3): Chantada, Mondoñedo, Sarria.
O programa Vilas en Flor está promovido pola Fundación Juana de Vega xunto con Asvinor (Asociación de Viveiristas do Noroeste) e Agaexar (Asociación Galega de Empresas de Xardinería). Nesta edición, volverase contar co patrocinio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivienda e das empresas Husqvarna e Rain Bird.