Xornada técnica de presentación de resultados do proxecto piloto: Elaboración sostible de tepes para xardinería, paisaxismo e restauración ambiental

27 de setembro

Entregar unha obra de xardinería coas plantas no seu punto de tamaño e calidade é un reto para xardineiros e paisaxistas; e na medida en que o conseguen son máis competitivos nun mercado esixente.

 

Introdución

Entregar unha obra de xardinería coas plantas no seu punto de tamaño e calidade é un reto para xardineiros e paisaxistas; e na medida en que o conseguen son máis competitivos nun mercado esixente. A posibilidade de dispor de estruturas como tepes, xa desenvolvidas, con planta crecida e no punto óptimo para a instalación resolverá en gran medida esta problemática, aumentará as oportunidades de éxito das obras de xardinería e paisaxismo e reducirá os custes de mantemento.

Tanto o proxecto como esta xornada de divulgacióncontan coa axuda para a execución deproxectos piloto para o desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de Desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

Obxectivo da xornada

A xornada técnica ten como obxectivo a presentación dos resultados do proxecto piloto coordinado por A MAN DE PRADO S.L.U. e no que participan como entidades colaboradoras ARBOREJARDIN, a UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, ORGÁNICA DE SUSTRATOS S.L e a FUNDACIÓN JUANA DE VEGA.

A xornada terá lugar o vindeiro 27 de setembro por streaming.

A presentación dos resultados farase en dous relatorios: un, por parte do axente de innovación do proxecto e outro, por parte da Universidade de Santiago de Compostela, segundo se indica no programa.

A xornada vai dirixida ás persoas vinculadas co sector viveirista galego, fundamentalmente.

Axenda

Programa

Hora

Contido

Relator/a

18:00-18:15

Benvida

Iván M. Prado Rodriguez,

Xerente de A Man de Prado SLU

Pedro Calaza Martínez.

Axente de innovación e Director da Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega.

Jose Manuel Andrade Calvo.

Director da Fundación Juana de Vega

18:15-18:35

As soluciones baseadas na natureza no desenvolvemento  territorial e no paisaxismo

Pedro Calaza Martínez.

Axente de innovación e Director da Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega.

18:35-19:20

Presentación  dos resultados do proxecto: Elaboración sostible de tepes para xardinería, paisaxismo e restauración ambiental.

Adolfo López Fabal

Profesor do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñería da USC

19:20-19:30

Preguntas

19:30

Remate da xornada

Data e formato da xornada

27 de setembro de 2021 de 18:00 a 19:30h

A xornada será emitida por streaming

Inscrición

Para realizar a súa inscrición na xornada sobre ELABORACIÓN SOSTIBLE DE TEPES PARA XARDINERÍA, PAISAXISMO E RESTAURACIÓN AMBIENTAL é necesario cubrir o seguinte formulario.

Formulario de inscrición pechado.

Uns días antes da xornada recibirá por email o enlace de conexión á xornada.