Xornada de divulgación: A importancia do Románico no Camiño de Inverno

15 e 16 de novembro de 2019

Introdución

A Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega co patrocinio da Axencia de Turismo de Galicia, no marco do programa O teu Xacobeo para a realización de proxectos de dinamización do Xacobeo 2021, organiza a xornada “A importancia do románico no Camiño de Inverno”, que se celebrará os días 15 e 16 de novembro no Parador Nacional de Monforte de Lemos.

O camiño de inverno e a Ruta do Románico.

O Camiño de inverno é a entrada natural a Galicia dende a meseta seguindo o cauce do río Sil, un acceso xa utilizado polos romanos e posteriormente polos peregrinos a Santiago como alternativa ao coñecido Camiño Francés. Pénsase que puido xurdir como alternativa aos cumes nevados do Cebreiro, e tamén para evitar os desbordamentos frecuentes dos ríos do val do Valcarce.

Segundo os datos da Oficina do Peregrino, os peregrinos que chegaron a Santiago polo Camiño de Inverno foron 555 en 2017 e 703 no 2018. Este dato supón que unicamente o 0,18% dos camiñantes escollen este percorrido fronte a outras alternativas.

Convén salientar a importancia deste Camiño no que se refire ás súas calidades paisaxísticas e culturais dado que percorre, no tramo galego: o Parque Natural da Enciña da Lastra, a contorna natural do río Deza, e a Ribeira Sacra, recentemente declarada Ben de Interese Cultural na categoría de paisaxe cultural, e que aspira á condición de Patrimonio Mundial da UNESCO. Precisamente é na Ribeira Sacra donde está a maior concentración do románico rural de Europa, froito da colonización monacal a partir do século VIII.

Entre os tesouros relixiosos cabe destacar o Mosteiro de Santa María de Ferreira de Pantón onde as monxas continúan vivindo en comunidade desde o ano 1175, aínda que a súa fundación remóntase ao século X, sendo o único mosteiro no que isto ocorre en toda España. Outros mosteiros pasaron por múltiples vicisitudes e algún deles transformouse recentemente para iniciar unha nova vida vinculada á sociedade actual: a actividade turística, que fixo que o Parador de Monforte de Lemos ocupe o antigo Mosteiro de San Vicente do Pino e en Santo Estevo de Ribas de Sil (Nogueira de Ramuín) o Mosteiro do mesmo nome. O resto de mosteiros están a ser potenciados para desenvolver un turismo cultural, sendo exemplar o que se fixo no Mosteiro de San Pedro de Rocas, o más antigo de toda Galicia, coas súas tumbas antropomórficas aflorando dentro e fóra do recinto, no que se habilitou un centro de interpretación que axuda a entendelo e gozalo, e como ocorre tamén no de Santa Cristina de Ribas de Sil, rodeado de soutos milenarios, con actividades culturais programadas durante case todo o ano. Outros aínda non tiveron esa sorte, pero están a iniciarse neste camiño de recuperación grazas á actividade turística de rutas guiadas, que para aquel que ten o acerto de elixilas, móstranlle un mundo realmente sorprendente e pouco coñecido dos valores da Ribeira Sacra.

Santa Cristina de Ribas de Sil

Con todo, a pesar da gran concentración monástica do románico da Ribeira Sacra e da súa importancia cultural e singular, a Ribeira Sacra non está incluida na rede Trasrománica ou Ruta Cultural Europea do Románico (The Romanesque Routes of European Heritage), sendo, como se indicou, onde se localiza a maior concentración de románico rural.

Ruta Trasrománica. Fuente: http://www.transromanica.com/en/news/

É preciso, polo tanto, promover que o románico desta zona se integre nesta rede europea de Itinerarios Culturais e se vincule co Camiño de Inverno, conseguindo de forma sinérxica un dobre fin: poñer en valor o patrimonio cultural e natural da Ribeira Sacra e ofrecer un valor engadido aos peregrinos do camiño.

Axenda

Programa

Venres 15 de novembro de 2019

10.00 – 10:30 Inauguración
10.30 – 11.30 Conferencia “O románico na paisaxe da Ribeira Sacra”. Isabel Aguirre. Directora da Escola Galega da Paisaxe Juana de Vega
11.30 – 12.00 Coloquio participativo.
12.00 – 12.30 Café
12.30 – 13.30 Conferencia: “A Ruta Cultural Europea do Románico”. Rosário Correia Machado. Coordinadora das xornadas.
13.30 – 14.00 Coloquio participativo.

Xantar

16.00 – 19.00 Visitas Culturais no Camiño de Inverno e a Ruta do Románico da Ribeira Sacra.

Sábado 16 de novembro de 2019

10.00 – 11.00 Conferencia. “Una frontera que no existe. Nexos gallegos en el arte románico portugués”. Paulo Almeida Fernandes. Centro de Estudos en Arqueoloxía, Artes e Ciencias do Patrimonio da Universidade de Coimbra.
11.00 – 11.30 Coloquio participativo
11.30 – 12.00 Café
12.00 – 13.00 Conferencia: “Rota do Românico – Repositório Artístico na visita interpretada”. José Augusto Costa. Historiador e Guía Interprete da Rota do Románico
13.00 – 13.30 Coloquio participativo e reflexiones conxuntas.
13.30 – 14.00 Conclusións e propostas de integración da ruta do románico da Ribeira Sacra na Ruta Cultural Europea del Románico.

Coordinadores

Rosario Correia Machado

Directora do Centro de Estudos do Románico e Copresidenta científica da Rota do Románico.

 

 

 

 

Pedro Calaza

Doutor Arquitecto da Paisaxe e Doutor Enxeñeiro Agrónomo. Experto en planificación e proxectos da Paisaxe.

 

 

 

PONENTES

Isabel Aguirre

Arquitecta pola Universidad de A Coruña, directora da Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega e membro do Comité de Directores da Escola do European Council of Landscape Architecture Schools. Entre as distincións que recibiu destacan o Premio Nacional de Arquitectura “Manuel de la Dehesa” e o Premio Europeo de Intervención no Patrimonio Arquitectónico.

 

 

Paulo Almeida Fernandes

Doutor en Historia da Arte (2017) pola Universidade de Coimbra, coa tese Matéria das Astúrias. Ritmos e realizações da expansão asturiano-leonesa no ocidente peninsular. Séculos VIII-X. É mestre en Arte, Património e Restauro.

Membro integrado do Centro de Estudos en Arqueoloxía, Artes e Ciencias do Patrimonio (Universidade de Coimbra) e colaborador do Instituto de Estudos Medievais (Universidade Nova de Lisboa), a súa investigación centrase no impacto do culto a Santiago en Portugal, na Historia da Arte na Alta Idade Media e no tempo románico en Portugal.

 

José Augusto Coelho Abreu Costa

Licenciado en Historia – Ramo Científico pola Universidade Portucalense, Infante D. Henrique. Mestrado en Conservação e Restauro na Universidade Portucalense, Infante D. Henrique e, Mestrado en Historia de Arte na Facultade de Letras da Universidade do Porto.

De 2002 a 2005 colaborou coa Divisão de Cultura, Biblioteca e Patrimonio Histórico da Cámara Municipal de Ovar, realizando o inventario do Patrimonio Sacro.

Do 2010 ao 2015 exerceu funcións de intérprete do patrimonio na Rota do Románico/VALSOUSA – Asociación de Municipios do Vale do Sousa. Entre o 2015 e o 2018 colaborou con o MASA – Museo de Arte Sacra e Arqueoloxía/ Igrexa de São Lourenço (Porto) e fundou a empresa Vallis Patrimonium.

A quén está dirixido?

As xornadas están abertas a todo o público en xeral, tanto os axentes locais (turismo, concellos, etc) como á comunidade universitaria, aos profesionais, e en xeral a todos aqueles interesados no rol da paisaxe, o patrimonio e no desenvolvemento socioeconómico dos territorios, especialmente no da Ribeira Sacra e o Camiño de Santiago.

Lugar

Parador Nacional de Monforte de Lemos. Plaza Luis de Góngora y Argote, s/n 27400. Monforte de Lemos (Lugo)

Actividade gratuita

Curso completo. Inscrición pechada.

Máis info no teléfono: 981.65.46.37 ou no email: info@juanadevega.org