Curso de Viticultura e Enoloxía avanzado 2024

Febreiro a decembro

Formación práctica de nivel avanzado en enoloxía e viticultura seguindo o ciclo vexetativo de variedades brancas e tintas, así como da produción e control de elaboración de viños en adega. Todas as sesións (60 horas) terán lugar no CFEA de Guísamo de Bergondo (AGACAL) en horario de tarde entre febreiro e decembro, seguindo o ciclo vexetativo das plantas.

A Fundación Juana de Vega e a Axencia Galega de Calidade Agroalimentaria organizan no Centro de Formación Experimentación Agroforestal de Guísamo (Bergondo) unha nova edición do curso de Viticultura e Enoloxía, nivel avanzado.

Este curso ten un enfoque eminentemente práctico, cunha duración descontinua que abrangue de febreiro a decembro, o que permitirá a realización de prácticas en todas as operacións que se desenvolven nun viñedo e nunha adega. Os asistentes participarán en todas as fases do proceso, desde a implantación e o mantemento da vida aos procesos de elaboración do viño na adega.

Todas as sesións son prácticas e terán lugar no CFEA de Guísamo (AGACAL) en Bergondo (A Coruña).

Obxectivos
Ao remate do curso, o alumnado:

  1. Terá acadado unha especialización práctica no cultivo da vide e no coñecemento das variedades de uva autóctonas e alóctonas máis interesantes.
  2. Contará cunha preparación técnica adecuada que permita a xestión do viñedo
  3. Terá un nivel de preparación suficiente para afrontar diferentes producións vitivinícolas e xestionar unha pequena adega a nivel técnico.

Requisitos
É recomendable ter uns mínimos coñecementos para afrontar as diferentes actividades prácticas para a realización deste curso. Por iso, para a realización, os interesados/as deberán xustificar algunha das seguintes titulacións:

  • Curso de Viticultura e enoloxía de nivel básico de edicións anteriores.
  • Ciclo Superior en Paisaxismo e medio rural.
  • Ciclo Medio Aceites de Oliva e Viño.
  • Ciclo Superior Vitivinicultura.
  • Titulados das ramas agrarias universitarias.

Total de horas: 60 
Prazas: 20
Custo: 150€ 

Lugar
Todas as sesións son prácticas e terán lugar no CFEA de Guísamo (Bergondo), salvo a xornada de inauguración de base teórica que será na sede da Fundación Juana de Vega (San Pedro de Nós, Oleiros).  

Pola metodoloxía eminentemente práctica do curso, as condicións climatolóxicas poden obrigar a facer pequenos cambios e adaptacións do calendario.

Coordinadores xerais
Camino Nicolás Velado. CFEA de Guísamo (AGACAL) 
Elena López Colmenero. Fundación Juana de Vega 

Coordinador técnico 
 Luis Quinteiro González  

Asistencia
A obtención do certificado de aproveitamento implica a asistencia ao 80% das horas lectivas.

FUNDACIÓN JUANA DE VEGA_CursoViticulturaAvanzado2024

Axenda

INAUGURACIÓN
Fundación Juana de Vega | 16:00 – 20:00h

Xoves, 15 de febreiro
16:00 – 16:30h Inauguración e presentación (Director Fundación Juana de Vega – Representante AGACAL – Directora CFEA de Guísamo).
16:30 – 19:30h Conferencia: “Evolución das técnicas de poda en viñedos e froiteiras”, Xosé Antonio Meixide Fernández 

  

1ª PARTE: VITICULTURA | CFEA Guísamo | 16:00 – 20:00h
Imparte: Luis Quinteiro González 

Xoves, 22 de febreiro
Poda. 

Xoves, 7 de marzo
Poda e atado. 

 Xoves, 25 de abril
Estados fenolóxicos. Poda en verde.  

Xoves, 23 de maio
Seguimento do cultivo e control das pragas e enfermidades. 

Xoves, 18 de xullo
Esfollado, despuntado e control da produción. 

  

2ª PARTE: ENOLOXÍA | CFEA Guísamo | 16:00 – 20:00h
Imparte: Luis Quinteiro González

Xoves, 12 de setembro
Control de maduración e organización de vendima en adega. 

Mércores, 25 de setembro
Vendima e elaboración do viño. 

Xoves, 26 de setembro
Desfangado do mosto. Corrección de mostos. Preparación de lévedos. 

Venres, 27 de setembro
Control da evolución da fermentación. Clarificación. 

Xoves, 10 de outubro
Acabado da fermentación alcólica. Conservación. 

Xoves, 28 de novembro
Estabilización do viño. Embotellado. 

 

3ª PARTE
Data e horario a concretar
Visita de campo a adega de Denominación de Orixe Protexida (DOP). 

Decembro. Data e horario a concretar 
Clausura do curso e cata de produtos elaborados.