Xornadas de emprendemento e innovación en economía social no sector agroalimentario 2024 | EFA Fonteboa (17 e 24/01)

Os mércores, 17 e 24 de xaneiro de 2024 | EFA Fonteboa · Coristanco

10 prazas dispoñibles para produtores primarios ou propietarios ou traballadores de pemes agroalimentarias locais

Xornadas de emprendemento e innovación en economía social no sector agroalimentario 2024 | EFA Fonteboa (17 e 24/01)

A Fundación Juana de Vega, no marco das axudas da Rede Eusumo para a realización de actividades de promoción e impulso do cooperativismo e da economía social, organiza unha serie de xornadas de divulgación de aspectos relacionados co emprendemento innovador no sector agroalimentario, poñendo o foco nas entidades de economía social.  

As primeiras das catro xornadas previstas para 2024 terá lugar en colaboración co Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa (Coristanco) os días 17 e 24 de xaneiro. 

Esta xornada na EFA Fonteboa contará cunha parte de divulgación do emprendemento en economía social no sector agroalimentario e charlas sobre aspectos innovadores de mellora da competitividade das empresas agroalimentarias. Tamén haberá unha mesa redonda con entidades sociais do sector agroalimentario que aplican a innovación nos seus plans de negocio, así como cunha visita a unha entidade de economía social. 

OBXECTIVO
As xornadas teñen como finalidade a de contribuír ao desenvolvemento da cultura do emprendemento e das habilidades innovadoras no sector da produción e da transformación de alimentos con modelos produtivos baseados na economía social que xeren no só impacto económico no medio, senón tamén un impacto social e ambiental positivo no territorio.  

En definitiva, trátase de mellorar a competitividade das empresas agroalimentarias para: 

  • Coñecer os elementos máis relevantes dun plan de márketing e a aplicación práctica dos principios básicos do márketing e da comunicación en calquera negocio.  
  • Estar ao tanto das novas tendencias de deseño e presentación de etiquetas e envases para as producións agroalimentarias. 
  • Crear sinerxías entre os centros educativos colaboradores e as empresas agroalimentarias da zona, así como entre o alumnado dos centros e o ecosistema empresarial da comarca. 


A QUEN SE DIRIXE?
As xornadas teñen tres grupos destinatarios: 

  1. Produtores primarios locais que queiran incrementar a rendibilidade da súa explotación con novas ideas de negocio vinculadas a pequenas transformacións a escala artesanal para obter produtos alimentarios de calidade.  
  1. Propietarios ou traballadores de pemes agroalimentarias interesados en abordar novos desenvolvementos innovadores.  
  1. Alumnos e alumnas das escolas participantes (a gran parte deles menores de 30 anos) que poden ser futuras persoas emprendedoras, ben como remuda das explotacións familiares ou como traballadores das entidades do sector agroalimentario.   

Axenda

Mércores, 17 de xaneiro 

9:30 a 11:30h.- “Emprendemento no sector agroalimentario” | José Manuel Suárez Iglesias, socio-director da área emprendemento e aceleración en Iuni Strategic Marketers.

11:30 a 12:00h.- Pausa café 

12:00 a 14:00h.- “O packaging como elemento dinamizador das ventas. A importancia dun bo packaging” | Rosa Pumar, directora xeral de Imaxe. 

14:00 a 15:30h.- Xantar 

15:30 a 17:30h.-Pack different my friend!… Fundamentos do márketing e da comunicación| Xosé Luis Reza, presidente do Clúster do Ecommerce de Galicia e presidente Fundador de Markea e do Clúster da Comunicación de Galicia. 

 

Mércores, 24 de xaneiro 

9:30 a 11:30h.- “Tendencias en innovación do sector lácteo”. Alfonso Pérez, CEO de FoodTec

11:30 a 12:00h.- Pausa café 

12:00 h a 14:00h.- Mesa redonda con entidades de economía social no sector lácteo:

Modera: José Manuel Andrade, director da Fundación Juana de Vega
Participan:
Melchor García Iglesias, COREBER S. Coop. Galega (Montemaior, A Laracha)
Jessica Rey, directora de márketing e comunicación en CLUN
José Manuel Rial Jallas, Granxa Moreira (Frixe, Muxía)
José Delgado Pérez, Quesería De mi tierra (Carballo)
14:00 h a 15:30h.- Xantar 

15:30 a 18:30h.- Visita á empresa de xeados Bico de Xeado (Bergondo), da Cooperativa Agraria Provincial de A Coruña. Traslado en autobús incluído. 

 

Descargar programa en PDF

Descargar cartel en PDF

FINANCIA
Estas xornadas enmárcase no programa de actuación 2024 da Rede Eusumo.  A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.