Debater e actuar sobre un modelo que vai máis aló da sostibilidade
Hoxe en día, as prácticas agrícolas e gandeiras sostibles xa non son suficientes nun planeta moi deteriorado que sofre unha degradación e ameazas sen precedentes: erosión e perda de solo fértil, escaseza de auga, contaminación, destrución de ecosistemas naturais, desabastecemento,... En xeral, as consecuencias do cambio climático.
Neste contexto, é necesario avanzar cara ao seguinte nivel: as prácticas rexenerativas.
Coa celebración das I Xornadas Científico-Técnicas sobre Xestión Rexenerativa. A ciencia do coidado do solo nas prácticas agrícolas e gandeiras (22 e 23 de febreiro) queremos poñer o foco do debate na necesidade dun cambio de modelo de produción desde a base. Falar sobre a importancia tanto a nivel global como local do solo, os problemas que padece, o seu coidado e reconstitución, tanto para a preservación de contornas naturais e humanizadas, como para a creación de sistemas de produción agrícola e gandeira de alto rendemento, pero respectuosas ou como ferramenta fundamental para secuestro de carbono e remisión do cambio climático.
O deseño e manexo rexenerativos inclúen todas aquelas disciplinas, prácticas e áreas de coñecemento que permiten deseñar os espazos partindo dun profundo coñecemento, tanto científico como ancestral da natureza, dos seus ciclos, e das interrelacións entre todas as partes que compoñen un ecosistema (natural ou humanizado).
OBXECTIVO
O fin que perseguimos con estas xornadas é coidar e restaurar o solo para conseguir un proceso de rexeneración integral, abundante e resiliente que beneficie tanto ao medio como á vida das persoas e a súa alimentación.
AFORO
- Sesión científico-técnica no MUNCYT: 90 prazas
- Saída técnica a campo (máximo 30 persoas por grupo). A escoller un:
Grupo A: Gandería Roidiz, As Pontes de García Rodríguez
Grupo B: Hortícola Os Biosbardos, Cambre - Charla Ana Digón (DOMUS): 90 prazas
CUSTO
- Sesión 22/02, todo o día: 50€
- Sesión 22 e 23/02 (sesión científico-técnica e saída de campo): 80€
- Charla Ana Digón, tarde do 22/02: acceso libre
O desenvolvemento rural implica unha xestión sostible do territorio que, á súa vez, incide na saúde e resiliencia deste recurso básico, pero finito.
RELATORES
Nestas I Xornadas Científico-Técnicas sobre Xestión Rexenerativa. A ciencia do coidado do solo nas prácticas agrícolas e gandeiras convidamos a un grupo de voces referentes para falar das súas experiencias persoais e profesionais, de proxectos respectuosos co medio ambiente e coas persoas pero, sobre todo, da necesidade de actuar e cambiar cara a un modelo de produción que vai un paso máis aló da sostibilidade.
Neste debate informativo e aberto, ademais da sesión científico-técnica e das saídas a campo dirixidas ao sector profesional, tamén se quere contar cunha das figuras relevantes na cadea de valor da produción agroalimentaria: o consumidor final. Todas as persoas que o desexen poderán asistir á charla de acceso libre que terá lugar na tarde do 22 de febreiro no museo DOMUS para ampliar a súa visión e coñecemento e decidir o futuro que queremos.
Edith Uhía Castro
Bióloga e permacultora, licenciada en Bioloxía pola Universidade de Vigo e mestrado en Permacultura polo Permaculture Education Institute (Australia).
Desde as súas redes sociais e baixo o nome de @sonhandoenverde leva 14 anos practicando e divulgando sobre permacultura e prácticas agrícolas rexenerativas, baseándose tanto na teoría con base científica como na experiencia acumulada no seu xardín experimental e nas vivencias de moitos permacultores de todo o mundo. Desde a súa perspectiva, o futuro da produción de alimentos só pode ser rexenerativo.
Redes sociais:
Facebook: https://www.facebook.com/search/top?q=so%C3%B1ando%20en%20verde
Instagram: https://www.instagram.com/sonhandoenverde/
X: https://twitter.com/sonhandoenverde
Youtube: https://www.youtube.com/channel/UCsm9SCU2AGdLq0jvzOuA1sg
Yann Pouliquen Kerlau
Agroecólogo e enxeñeiro agrónomo, é o xerente de Xestión Agrogandeira e Natureza SL, consultoría en pastoreo, produción ecolóxica e xestión técnico económica. Traballou como técnico en horta ecolóxica e produción integrada, así como nunha cooperativa e nun sindicato como técnico de xestión en produción leiteira.
Suma máis de tres décadas de experiencia no sector da produción ecolóxica, os últimos vinte como asesor e formador independente, especializado en técnicas de pastoreo. É o único formador Obsalim© (metodoloxía de avaliación de eficiencia da ración de rumiantes) acreditado para todo o territorio español.
Ten participado en numerosas conferencias e publicacións sobre produción ecolóxica de horta e leite, xestión técnico-económica e pastoreo.
Redes sociais e web:
Web: https://xestionagrogandeiraenatureza.blogspot.com/
Facebook: https://www.facebook.com/xangalicia
Instagram: @xestionagrogandeiraenatureza
Linkedin Xan Pouliquen Kerlau: https://www.linkedin.com/in/xan-pouliquen-kerlau-bb100a44/
Youtube: https://www.youtube.com/@elpastotuber3098
Antonio Tucci
Gandeiro e biólogo ambiental, mestrado en Agricultura e Gandería Ecolóxicas. A partir dunha formación centrada na conservación do medio ambiente, desenvolveu a súa carreira en formas sostibles e rendibles de producir alimentos. Isto levouno a abrir a súa propia explotación gandeira en Vilariño de Conso (Ourense) ao tempo que asesoraba e impartía formación sobre agricultura rexenerativa e gandería por toda a Península. Hoxe dispón de máis de 3.000 hectáreas nas que aplica prácticas rexenerativas.
Redes sociais:
Facebook: Naturaleza Holística
Facebook: Ganadería Val do Conso
X: Naturaleza Holística
Instagram: @ganaderiavaldoconso
Francesc Font
Agricultor e enxeñeiro técnico agrícola, formado en permacultura e deseño de explotacións (REX amb Darren J. Doherty), xestión holística, deseño Keyline, rexeneración de solos, agricultura natural coreana e coñecedor, grazas a moitos anos de experiencia, de todo o paquete tecnolóxico proposto pola industria agroalimentaria.
Ademais de dirixir e traballar en Can Font, é fundador e CEO de The Regen Academy, unha academia e consultoría internacional especializada en agricultura rexenerativa que axuda a centos de agricultores, organizacións e empresas multinacionais como Pepsico ou Danone.
Tamén é conferenciante, escritor e colaborador en diferentes medios.
Redes sociais:
Instagram: @francescfont_
Instagram: @theregenacademy
Jaime Otero
O coruñés Jaime Otero estudou acuicultura, especializándose no cultivo de microalgas para a biorremediación de problemas industriais, ámbito no que leva traballando desde 2018. É autodidacta na practica agroecolóxica, permacultura, agroforestería, etc. Estudou con Ernst Göstch de Portugal.
En 2019 comeza a dedicarse profesionalmente á práctica, investigación e formación dentro da práctica agroforestal denominada “agricultura sintrópica”. É fundador do "Proxecto Dispersor", dedicado á promoción e formación en agroforestal sintrópica e ao desenvolvemento e comercialización de ferramentas agroforestais. Tamén é cofundador da Estación Agroecolóxica do Vieiro, centro de desenvolvemento e investigación agroforestal, onde desempeña as funcións de coordinador, investigador e formador.
Redes sociais:
Instagram: https://www.instagram.com/projectodispersor
Xavier Domene
Licenciado en Bioloxía e mestrado en Ciencias do Solo e en Didáctica das Ciencias Naturais. Na actualidade é profesor titular de Edafoloxía e Química Agrícola da Universidade Autónoma de Barcelona (UAB) e investigador do CREAF (Centro de Investigación Ecolóxica e Aplicacións Forestais).
As súas liñas de investigación inclúen a contención e reversión da degradación do solo; o estudo e cuantificación das reservas de carbono no chan e das emisións de gases de efecto invernadoiro; o estudo de estratexias innovadoras para facer fronte á escaseza esperada de fontes minerais de nutrientes; a avaliación da biodiversidade do solo; e o estudo de solos non agrícolas para alimentar outros campos de investigación.
Participou en 39 proxectos de investigación e 21 contratos de transferencia con institucións públicas e privadas. Leva publicados 51 artigos en revistas científicas, 2 artigos en publicacións científicas locais, 5 capítulos de libros e 6 manuais de métodos e metodoloxías.
Redes sociais e web:
Páxina personal: http://www.creaf.cat/personal/xavier-domene-casadesus
ORCID: http://orcid.org/0000-0002-2951-1491
ResearchGate: https://www.researchgate.net/profile/Xavier_Domene
X: @XavierDomene
Ana Digón
Politóloga e sociolingüista, tradutora e intérprete, dinamizadora de grupos, organizadora de eventos formativos e sociais, escritora para diversas publicacións, comunicadora e formadora en temas relacionados coa terra, a alma e a sociedade. É cofundadora, presidenta e coordinadora da Asociación de Agricultura Regenerativa a través da que divulga os principios e prácticas rexenerativas que, di, son unha ponte cara ao futuro nestes tempos de retos climáticos, alimentarios, económicos e sociais. Apaixóalle falar e divulgar o uso das ferramentas prácticas agrícolas e organizativas para o mundo que queremos cocrear.
Redes sociais:
Web: www.agriculturaregenerativa.es
Facebook: facebook.com/AgriculturaRegenerativa
Instagram: @agriculturaregenerativaiberica
X: @AgRegIberica
Linkedin: https://www.linkedin.com/company/asociaci%C3%B3n-de-agricultura-regenerativa
Youtube: https://www.youtube.com/user/AGRIREGENERATIVA/playlists
PROMOTORES
As I Xornadas Científico-Técnicas sobre Xestión Rexenerativa. A ciencia do coidado do solo nas prácticas agrícolas e gandeiras están organizadas pola Fundación Juana de Vega en colaboración coa Fundación CorBI e contan coa colaboración da hortícola Os Biosbardos · Cultura de Leira, Soñando en Verde, Gandería Roidiz; do Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades e da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), a través do MUNCYT; e do Concello da Coruña a través da rede de Museos Científicos Coruñeses.