De carácter eminentemente práctico desenvolverase durante o outono de 2023 en seis xornadas en horario de tarde. É o módulo IV do "Curso de fruticultura e técnicas de cultivo 2023".
O alumnado estudará as operacións de colleita e de conservación da froita de maneira transversal a todas as producións frutícolas. Completarase cun taller de elaboración de mosto e sidra a partir de mazá e outro de conservas e, para finalizar, no mes de decembro, organizase unha xornada de cata dos produtos elaborados.
Duración
6 xornadas entre o 5 de setembro e o 14 de novembro.
No mes de decembro (data a concretar), terá lugar unha sesión de cata dos produtos elaborados coincidindo coa entrega dos diplomas.
Prezo
100€
Lugar
Todas as sesións terán lugar no CFEA de Guísamo agás a sesión inicial do 5 de setembro, que será na sede da Fundación Juana de Vega en San Pedro de Nós (Oleiros).
Horario
Clases no CFEA de Guísamo: de 16.30 a 20.30h.
Clases na Fundación Juana de Vega: de 16.00 a 20.00h
Asistencia
A obtención do certificado de aproveitamento implica a asistencia ao 80% das horas lectivas.