Curso de Planificación de explotacións frutícolas, defensa vexetal, traballos de mantemento, mecanizacións e instalacións

O curso, cunha duración de 24h e de carácter eminentemente práctico no que se estuda a maneira de planificar unha explotación frutícola e se revisan as principais labores de mantemento e a mecanización, os tratamentos fitosanitarios e as instalacións das explotacións dedicadas ao cultivo de diferentes especies de froiteiras de interese na Comunidade Galega.

Duración do curso

6 xornadas entre o 9 de maio e o 20 de xuño.

Lugar

Todas as sesións terán lugar no CFEA de Guísamo agás as sesión inicial do 9 de maio que terá lugar na sede da Fundación Juana de Vega en San Pedro de Nós (Oleiros).

Horario do curso

Clases no CFEA de Guísamo: de 16:30 h a 20:30h.
Clases na Fundación Juana de Vega: de 16:00 h a 20:00h

Asistencia

A obtención do certificado de aproveitamento implica a asistencia ao 80% das horas lectivas.