Novas

Terceira reunión presencial do proxecto Soil&WineResidues na rexión do Baixo Alentejo

Entre o 1 e o 3 de xuño, o equipo da Fundación Juana de Vega asistiu en Beja (Baixo Alentejo, Portugal) á 3ª reunión do consorcio Soil&WineResidues, organizada por CIMBAL, como socio anfitrión. Este encontro permitiu poñer en común os avances técnicos do proxecto e extraer unha conclusión relevante do traballo desenvolvido durante o último semestre no marco desta investigación aplicada: o sector vitivinícola recoñece a necesidade de evolucionar cara a modelos máis sostibles.

Ampliar

O Foro Territorio Rural Resiliente impulsa un debate colectivo para blindar Galicia fronte ao lume

O evento final celebrarase o 28 de maio na Cidade da Cultura e reunirá a máis de 200 asistentes vinculados á investigación, sector produtivo, educación, terceiro sector, medios de comunicación, administracións, persoas expertas e particulares. Máis de 120 persoas expertas, representantes de entidades, colectivos e empresas participaron no proceso previo para identificar e priorizar medidas e liñas estratéxicas que se presentarán no encontro. Os promotores do Foro Territorio Rural Resiliente destacan que “falar do rural non é falar do pasado. É falar de como Galicia quere organizar o seu futuro”.

Ampliar

Silleda acolleu unha mesa clave do Foro Territorio Rural Resiliente para impulsar a actividade e fixar poboación no rural

A Fundación Roberto Rivas, entidade colaboradora do Foro, reuniu este venres, 17 de abril a expertos para avanzar en propostas que reforcen o emprendemento, melloren o acceso a recursos e activen o ecosistema territorial galego. O proceso de reflexión colectiva, aberto tamén a cidadanía a través dun formulário na web foroterritoriorural.gal, culminará nun evento aberto ao público xeral mediante inscrición o 28 de maio en Santiago de Compostela.

Ampliar

O Foro Territorio Rural Resiliente inicia a segunda fase das súas mesas de traballo para avanzar en propostas de gobernanza territorial

A Fundación RIA acolleu hoxe a continuación dos debates sobre cooperación público-privada-comunidade tras unha primeira xuntanza na que se puxo de manifesto a necesidade de acción conxunta para a xestión do territorio no rural. O proceso de reflexión colectiva culminará nun evento aberto ao público xeral mediante inscrición o 28 de maio en Santiago de Compostela. Na web foroterritoriorural.gal habilitouse un formulario para que calquera persoa poida enviar achegas, ideas ou propostas que amplíen e complementen o proceso.

Ampliar