Arranca o Foro Territorio Rural Resiliente para pensar o futuro do rural galego desde a sociedade civil

Share

"Por que estamos aquí? Precisamos unha visión compartida para planificar e ordenar o territorio rural para construír o territorio rural da Galicia do futuro", explicaba José Manuel Andrade, director da Fundación Juana de Vega, durante a presentación do Foro Territorio Rural Resiliente.

Baixo o título de Mesa 1 “Visión estratéxica do territorio rural” deu comezo na sede da Fundación Juana de Vega o espazo de traballo colectivo que se desenvolverá por fases nas próximas semanas.

Esta mañá reunimos na nosa sede a máis dunha vintena de axentes referentes en Galicia (institucións públicas, entidades privadas, universidades, centros de innovación, asociacións sectoriais, GDRs, empresas, produtores,…) para participar nunha intensa xornada de cocreación, debatendo e achegando ideas de gran valor desde a súa experiencia e coñecemento do rural de Galicia.

O proceso participativo continúa o xoves 12 na sede de LaboraTe, no Campus Terra USC en Lugo.