CONTRATACIÓN DUN SERVIZO DE XARDINERÍA PARA A IMPLEMENTACIÓN DE SOLUCIÓNS BASEADAS NA NATUREZA NO MARCO DO PROXECTO INTERREG SUDOE "ECOSPHEREWINES – Mellora de servizos ecosistémicos e infraestrutura verdes en zonas vitícolas de alto valor ecolóxico" (Código contratación: 07/2025) 

Share

A Fundación Juana de Vega é beneficiaria principal do proxecto “ECOSPHEREWINES – Mellora de servizos ecosistémicos e infraestrutura verdes en zonas vitícolas de alto valor ecolóxico”, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) a través do programa Interreg Sudoe 2021-2027.  

O proxecto céntrase na mellora das paisaxes vinculadas ao cultivo da vide, un recurso económico e turístico fundamental no espazo SUDOE, especialmente nos territorios do interior afectados polo despoboamento e o envellecemento, onde a preservación do capital natural e ambiental é crucial para as comunidades rurais, xa que é unha fonte de riqueza. O principal obxectivo de ECOSPHEREWINES é potenciar os servizos ecosistémicos que proporcionan as paisaxes agrícolas de viñedo mediante a implementación dunha rede de infraestrutura verde de alto valor ecolóxico como estratexia enfocada á súa conservación e xestión sostible, mellorando a biodiversidade e aumentando a súa resiliencia fronte ao cambio climático. O consorcio está formado por 13 socios e conta con 3 zonas de actuación en España, Francia e Portugal. 

1. Obxecto do servizo 
Contratar un servizo de xardinería para a plantación de froiteiras e sebes multifuncionais para a restauración e revalorización na parcela experimental de “A Picha”, localizada en Paderne (A Coruña), necesarios para a execución da “Actividade 2.3. Implementación de solucións baseadas na natureza (SBN) nas áreas de experimentación” previstas no proxecto ECOSPHEREWINES.  

2. Características do servizo 
O servizo incluirá todas as accións necesarias para a implementación das seguintes solucións baseadas na natureza (SBN): 

  1. Plantación de sebes multifuncionais para a restauración de vexetación de ribeira nas zonas húmidas na contorna da charca restaurada. 
  1. Plantación de froiteiras autóctonos para constituír un pequeno bosque comestible.  
  1. Establecemento de bandas florais mediante unha mestura de especies herbáceas e arbustivas para mellora da biodiversidade.  
  1. Traballos de xardinería necesarios para a implementación das actuacións anteriores:  

- Tala e destoconado de exemplares novos de piñeiro e eucalipto. 
- Triturado de restos de toxo e xesta amoreados en distintos puntos da parcela.  
- Roza lixeira e acondicionamento de camiños.
- Acondicionamento de noiros para posterior plantación de especies arbustivas e herbáceas. 

Para más información, ver planos e medicións no Anexo I.  

Requisitos xerais: 

  • O adxudicatario deberá coordinarse co persoal técnico da Fundación Juana de Vega para desenvolver as accións indicadas na parcela de “A Picha” (Paderne, A Coruña).  
  • O adxudicatario comprométese a coordinarse, en caso de ser necesario, co resto das empresas que poidan estar a realizar diferentes traballos na devandita zona experimental. 
  • Todas as accións desenvolveranse preservando os exemplares autóctonos (carballo, salgueiro, loureiro etc.) e o resto das accións que poidan estar a ter lugar na zona experimental.  

3. Prazo de execución do servizo 
O contrato cubrirá o período de execución do proxecto desde a formalización do mesmo ata o 15 de decembro de 2025, cun calendario específico acordado entre a Fundación Juana de Vega e o provedor seleccionado, segundo o avance das actividades e a idoneidade das datas de plantación en función das condicións ambientais. 

4. Orzamento máximo 
O orzamento dispoñible para esta contratación é de 30.000 € (IVE incluído). 

Non se admitirán ofertas económicas que superen esta contía.  

5. Procedemento de adxudicación 
A contratación realizarase mediante procedemento de concorrencia competitiva entre as ofertas presentadas no prazo e forma indicados no anuncio de convocatoria. 

6. Documentación a entregar coa oferta 
Oferta económica detallada, indicando importe sen IVE e importe con IVE incluído. 

  • Prazos de execución do servizo. 
  • Descrición da prestación de servizos obxecto de contrato.  

7. Criterios de adxudicación 

  • Oferta económica (70 puntos): 

P= (PM x MO)/OF 

P= Puntuación a outorgar a cada oferta 

PM= Puntuación máxima para cada criterio (70 puntos) 

MO= Importe da oferta máis barata (en euros) 

OF= Oferta a valorar (en euros). 

  • Ademais da oferta económica, teranse en conta para a adxudicación os seguintes criterios cualitativos (30 puntos): 

    - Garantía e rapidez na execución dos traballos (20 puntos). 
    - Calquera outra mellora técnica proposta (10 puntos).  

7.1. Ofertas anormalmente baixas 
Co obxectivo de asegurar a calidade e viabilidade do proxecto, considerarase que unha oferta económica é anormalmente baixa cando o seu importe sexa un 20% ou inferior á media das ofertas recibidas. Nestes casos, a entidade poderá solicitar ao provedor unha xustificación por escrito que explique como pode executar o proxecto con ese orzamento, incluíndo: 

  • Explicación de vantaxes competitivas, innovacións ou condicións excepcionais que permitan ofertar a ese prezo.  
  • Garantías de cumprimento dos requisitos técnicos e prazos. 
  • Calquera outra documentación que demostre a capacidade técnica e financeira para executar o contrato nos termos ofertados.  

Se a xustificación non resulta suficiente, a entidade resérvase o dereito de excluír a oferta por considerala inviable. 

8. Forma de pago 
O pago realizarase mediante transferencia bancaria contra a presentación de factura e previa conformidade da Fundación Juana de Vega coa prestación efectuada. A Fundación Juana de Vega poderá establecer pagos parciais en función dos fitos de entrega. 

9. Confidencialidade e protección de datos 
O adxudicatario queda obrigado a manter a confidencialidade sobre toda a información e documentación á que teña acceso durante a execución do contrato, así como a cumprir coa normativa vixente co obxectivo en materia de protección de datos. 

10. Prazo e forma de presentación de la oferta 
Prazo: 5 días hábiles a partir do día seguinte á publicación da convocatoria. 

  • Envío: por correo electrónico a tgesto@juanadevega.org co asunto: 
    "ECOSPHEREWINES – Contratación servizo de xardinería para a implantación de SBN".