Publicado o informe final do grupo de debate da EU CAP Network "Recursos fitoxenéticos locais de plantas perennes ante o cambio climático e a perda de biodiversidade" no que participou a Fundación Juana de Vega

Share

O director da Área de Investigación e Innovación da Fundación Juana de Vega, Alfonso Ribas Álvarez, participou como experto no Focus Group “Local perennial plant genetic resources in view of climate change and biodiversity loss” do EU CAP Network, que recentemente publicou os resultados.

Ribas Álvarez é tamén coautor, xunto con outros colegas europeos, dos Mini Paper 3 e 5, que abordan cuestións clave para a conservación, valorización e uso sostible das variedades locais de cultivos perennes no contexto do cambio climático:

Unha contribución ao futuro da biodiversidade agraria
O grupo de expertos traballou arredor dunha cuestión central: como facer atractiva e rendible para os agricultores a conservación e o uso de variedades locais infrautilizadas de cultivos perennes, contribuíndo así a unha agricultura máis sostible e respectuosa co medio.

Entre as principais achegas do Focus Group destacan:

  • A identificación dos beneficios das variedades locais fronte ao cambio climático e na manutención da biodiversidade agraria.
  • O recoñecemento dos retos e oportunidades para a súa conservación e uso nas explotacións.
  • A recompilación de boas prácticas e experiencias inspiradoras en diferentes zonas e condicións agroclimáticas de Europa.
  • Exemplos de valorización ambiental e económica de variedades locais, mediante produtos diferenciados, canles curtas e iniciativas de desenvolvemento rural.
  • A identificación de necesidades de capacitación e experiencias formativas dirixidas a agricultores e axentes do sector.
  • A proposta de prácticas innovadoras de manexo adaptadas ás condicións de cambio climático.
  • A detección de lagunas de coñecemento e novas liñas de investigación aplicada.
  • A formulación de ideas para Grupos Operativos EIP-AGRI e proxectos innovadores.

Compromiso da Fundación Juana de Vega
A participación neste grupo reforza o compromiso continuado da Fundación Juana de Vega coa conservación e valorización das variedades locais e dos recursos xenéticos agrícolas, un ámbito no que a institución vén traballando desde hai anos a través de proxectos de investigación, grupos operativos, convenios de colaboración e accións de transferencia de coñecemento.

Este interese sostido pola biodiversidade cultivada e pola súa posta en valor como activo estratéxico para o desenvolvemento rural galego encaixa plenamente coas liñas de actuación da Fundación en innovación e sostibilidade.

Os materiais elaborados polo Focus Group están publicados no sitio oficial do EU CAP Network, que se poden consultar aquí:
EU CAP Network – Focus Group Local perennial plant genetic resources (climate change & biodiversity loss)

Entre os documentos dispoñibles atópanse:

  • Starting Paper (2024) – documento de base.
  • Flash Report – resumo executivo con puntos clave.
  • Mini Papers 1–6, con especial interese nos Mini Paper 3 e 5 nos que participa o director de Innovación da fundación.

Para os interesados en ampliar información, o contacto do Focus Group é focusgroup.innovation@eucapnetwork.eu.