Visita de campo do alumnado de Viticultura e Enoloxía á D.O. Valdeorras
O grupo achegouse a varias adegas da zona, onde participaron nun taller de inxertado e cámara, e tamén coñeceron as famosas cobas, as adegas subterráneas.
Dona Juana de Vega e Martínez naceu na Coruña o 7 de marzo de 1805. Os seus pais, D. Juan Antonio de la Vega, de Mondoñedo, e Dª María Josefa Martínez, de Monforte de Lemos, instaláronse na Coruña despois de que o seu pai regresase de Cuba. Neste país, Juan Antonio de la Vega, de orixe moi humilde, fixera fortuna como empresario.
Juana de Vega recibiu unha completa formación en Letras e Humanidades, ademais de inculcarlle o gusto pola lectura e a cultura en xeral, que mantivo o resto da súa vida.
A influencia dos seus pais resúmese facendo referencia aos dous eixos que marcaron a súa vida. A Juan Antonio de la Vega débelle a súa filla o seu activismo político e a Mª Josefa Martínez, a súa discreción e a súa paixón por axudar aos máis desfavorecidos.
O grupo achegouse a varias adegas da zona, onde participaron nun taller de inxertado e cámara, e tamén coñeceron as famosas cobas, as adegas subterráneas.
DIXITEGA foi un dos Grupos Operativos seleccionados para participar no encontro durante o que, hoxe e mañá, prevese a asistencia de medio milleiro de axentes do ecosistema innovador da Unión Europa. O proxecto de innovación galego conta cun estand propio desde o que avanzará o funcionamento da plataforma TIC desenvolvida para dixitalizar a cadea de valor da IGP Tenreira Galega. A Fundación Juana de Vega representa ao consorcio en calidade de entidade coordinadora do GO DIXITEGA, que finaliza o próximo setembro.
Esta mañá, a MBG acolleu en Pontevedra unha xornada de presentación técnica arroupada por unhas cincuenta persoas, entre profesionais do sector, investigadores e particulares de toda Galicia, algúns dos que xa manifestaron o seu interese por cultivar oliveiras autóctonas.