Grupo operativo DIXITEGA | Dixitalización da cadea de valor da IXP Ternera Gallega

Dixitalización da cadea de valor da IXP Ternera Gallega

A dixitalización das cadeas de valor nos diferentes sectores agrarios é unha tendencia en curso que se acelerou como resultado da pandemia. Non obstante, o agrícola segue a ser un dos menos dixitalizados a pesar de que se ten identificado como unha das necesidades máis importantes no futuro máis inmediato.

Acceder a datos de calidade, operar con eles ou incluso atopalos supón, a día de hoxe, todo un reto. Ademais, trátase dun sector altamente atomizado, o que, para as empresas tecnolóxicas, engade un problema ao tratar de conectalo.

Que fixemos?
O Grupo Operativo DIXITEGA desenvolveu a plataforma www.dixitega.com que permite aos axentes da cadea de valor da IXP Ternera Gallega coñecer información relevante para a súa operatividade diaria. Para isto, analizamos as necesidades dos axentes implicados, tanto na tipoloxía dos datos como na presentación dos mesmos. Ao mesmo tempo, ofreceuse información para que os axentes coñecesen o uso da plataforma www.dixitega.com.

Fases

  1. Fase de mapeo das bases de datos: identificáronse as bases de datos existentes que podían resultar de interese para a cadea de valor da carne, analizando a dispoñibilidade dos datos e os formatos da mesma.
  2. Fase de análise das necesidades de información: realizáronse mesas de participación, entrevistas e cuestionarios para coñecer as necesidades de información que teñen os axentes e as súas preferencias á hora de acceder aos datos que se lles facilitan.
  3. Fase de creación da plataforma: a partir das necesidades detectadas e das preferencias establecidas, creouse a plataforma www.dixitega.com na que os datos poden ser consultados.
  4. Fase de apoderamento dos axentes: unha vez que a plataforma www.dixitega.com estivo operativa, impartíronse sesións de formación-información para os axentes da cadea de valor, nas cales foron formados sobre o uso da plataforma. As 5 sesións tiveron lugar nos meses de xuño e xullo de 2024 en 5 localizacións diferentes: Lugo, Vilalba, Becerreá, A Gudiña e Santiago de Compostela.

Obxectivos

  • Facilitar aos axentes da cadea de valor da IXP Ternera Gallega datos relevantes que permitan:
    • Optimizar as operacións.
    • Mellorar a transparencia.
    • Transmitir información útil ao consumidor.
  • Capacitar aos axentes en relación á dixitalización para mellorar o aproveitamento e reducir a fenda dixital ante a adopción de determinadas tecnoloxías xa consolidadas.
  • Fomentar o uso de novas tecnoloxías ligadas á explotación de datos e mellorar o coñecemento das mesmas entre os axentes da cadea de IXP Ternera Gallega.

Datos básicos do proxecto
Duración: 25 meses (1 de setembro 2022 - 30 de setembro 2024)

Consorcio DIXITEGA
Socios:
▪️  Fundación Juana de Vega (coordinador)
▪️  Consello Regulador das IXP de Carne de Vacún de Galicia
▪️  Ceteca - Centro Tecnolóxico da Carne
▪️  Agrigga Carne Soc. Coop. Galega
▪️  Gradiant

Colaboradores:
▪️  DIH Datalife
▪️  ACRUGA
▪️  Axencia Galega da Calidade Alimentaria

Orzamento
176.329,19€

Financiamento

Datos de contacto
Fundación Juana de Vega
Rúa Salvador Allende, 92. 15176 San Pedro de Nós (Oleiros, A Coruña)
T. 981 654 637 | info@juanadevega.org
Linkedin | X | Facebook | Instagram