Visita de campo do alumnado de Viticultura e Enoloxía á D.O. Valdeorras

Share

O pasado sábado, 11 de maio alumnado dos cursos de Viticultura e Enoloxía da actual edición 2024 e mais da pasada de 2023 realizaron unha visita de campo a Vilamartín de Valdeorras (Ourense) para coñecer de preto o traballo na Denominación de Orixe Valdeorras.

Alí, achegáronse a Viveiros Valeiras, propiedade dunha antiga alumna do curso, e a varias cobas (adegas subterráneas) na mesma zona. Tamén participaron nun taller de inxertado e cámara.

Tras o xantar, achegarónse ás plantacións de viñedo e adega Alan de Val, no lugar de Pedrazais. A volta cara ao CFEA de Guísamo realizouse a última hora da tarde.

Esta visita de campo foi unha boa oportunidade para que alumnado puidese ver de cerca o traballo nun viñedo e escoitar en primeira persoa a experiencia dos viticultores profesionais.