
O Pazo de Castrelos en Vigo acolle unhas xornadas sobre a xestión de xardíns históricos
As xornadas están organizadas polo Concello de Vigo en colaboración coa Fundación Juana de Vega.

As xornadas están organizadas polo Concello de Vigo en colaboración coa Fundación Juana de Vega.

A Fundación Juana de Vega, en tanto que beneficiaria principal do proxecto ECOSPHEREWINES, saca a contratación un servizo de xardinería para a plantación de froiteiras e sebes multifuncionais para a restauración e revalorización na parcela experimental de “A Picha”, localizada en Paderne (A Coruña), necesarios para a execución da “Actividade 2.3. Implementación de solucións baseadas na natureza (SBN) nas áreas de experimentación” previstas no proxecto ECOSPHEREWINES.

Uns sesenta rapaces de 5º de Primaria convertéronse hoxe durante toda a mañá en aprendices de biólogos. É unha actividade promovida por este proxecto europeo que coordina a Fundación Juana de Vega e no que tamén participan a Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas, Universidade da Coruña – CICA. Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía, e a adega Pagos de Brigante.

Este informe presenta os principais resultados do Grupo de Enfoque da Rede CAP da UE «Recursos fitoxenéticos locais perennes ante o cambio climático e a perda de biodiversidade», cuxas reunións se celebraron os días 27 e 28 de novembro de 2024 (Madrid, España) e 20 e 21 de maio de 2025 (A Canea, Grecia).

A comitiva achegouse a varias explotacións de vacún de carne e leite, así como a centros de investigación para afondar no noso modelo produtivo e coñecer o funcionamento da IXP Ternera Gallega.

Beatriz Suárez, directora da Área de Desenvolvemento Rural da Fundación Juana de Vega, participou o xoves 9 de outubro na última sesión do ciclo arredor da exposición “Universidade e territorio: O papel das aldeas na revitalización do medio rural” na Fundación RIA (Santiago).

Os interesados poden candidatarse ata o 5 de decembro nas modalidades, Emprendemento e Crecemento e Consolidación. Está dirixido aos campos agroalimentario, forestal, bioeconomía, marisqueiro e pesqueiro ou iniciativas de base tecnolóxica e de servizos que lles dean soporte. Os doce proxectos seleccionados participarán en 2026 nun programa de 50 horas formación e 25 mentoría totalmente personalizadas ao seu caso.

Nas dúas últimas sesións de hoxe e mañá, os asistentes están participando nun obradoiro de planificación integrada dirixido pola paisaxista Mary Bowman, do estudo londinense Gustafson Porter + Bowman, considerada “unha das mellores deseñadoras urbanas do mundo”.
As actividades incluíron unha visita á fronte litoral da Coruña na que o grupo se dividiu por equipos para analizar temáticas clave como mobilidade sostible, novos usos e oportunidades económicas, medio ambiente, e patrimonio cultural e identidade.

A participación de Alfonso Ribas na coordinación do evento reflicte o compromiso da Fundación Juana de Vega coa sostibilidade do sector vitivinícola, participando en proxectos europeos sectoriais como ECOSPHEREWINES ou Soil&WineResidues. Ademais, a Fundación tamén coordinou a elaboración da “Estratexia de dinamización das comarcas vitivinícolas de Galicia”.

Na sede da Fundación Juana de Vega en Oleiros continuaron esta mañá as”Xornadas internacionais: Paisaxes litorais consilientes | A Coruña: caso de estudo para o desenvolvemento sostible desde a perspectiva

O obxectivo desta contratación é proporcionar á Fundación Juana de Vega un servizo de auditoría externa (controlador) que permita a verificación dos gastos declarados no proxecto Soil&WineResidues.

A xornada “Emprender no rural: Raíces que fan medrar” foi organizada polo Polo de Ferrol na sede da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.