Sorteo de dez biografías de Juana de Vega para celebrar o 152 aniversario da Fundación que leva o seu nome

Share

Como cada 22 de xuño, a Fundación Juana de Vega recorda a data de pasamento da súa fundadora cunha pequena acción para destacar esta efeméride que marca o inicio da historia da entidade.

Este 2024, coincidindo co 152 aniversario, a entidade regalará 10 exemplares da última biografía sobre Juana de Vega, obra de Xosé Ramón Veiga. En total, sortearanse cinco libros da versión en galego, editada por Editorial Galaxia, e outros 5 da editada en castelán pola editorial Marcial Pons.

Para participar no sorteo só hai que ser seguidor da Fundación Juana de Vega en Instagram, dar a gústame no post e responder á pregunta:
Cantos anos tiña Juana de Vega cando quedou viúva?

A modo de axuda, indícaselle aos usuarios onde consultar a resposta na nosa web. En concreto, na sección Inicio, Biografía: https://juanadevega.org/biografia

Sorteo de dez biografías de Juana de Vega para celebrar o 152 aniversario da entidade

Bases do sorteo

  • Un dos cometidos da Fundación Juana de Vega é divulgar a figura e obra da fundadora da entidade polo que, con motivo do 152 aniversario do seu pasamento, organiza un sorteo na rede social Instagram que estará activo unha semana. Desde as 13:00h do 21 de xuño ás 13:00h do venres, 28 de xuño de 2024.
  • A promoción do sorteo farase nas catro redes sociais da Fundación Juana de Vega (Linkedin, X, Facebook e Instagram) cun post simultáneo no que se anuncie esta acción promocional ao tempo que se invita á participación.
  • Entre todas as persoas que respondan correctamente á pregunta “Cantos anos tiña Juana de Vega cando quedou viúva?”, sortearanse 10 exemplares da obra “Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina (1805-1872). Facer no século”, escrita por Xosé Ramón Veiga. Cinco dos libros serán en galego (Editorial Galaxia) e os outros 5 en castelán (Editorial Marcial Pons).
  • As persoas que queiran participar tamén deberán dar a gústame no post que describe o sorteo e ser seguidoras da Fundación Juana de Vega en Instagram, rede social na que se identifica co nome de usuario @fjuanadevega.
  • As respostas deberán deixarse nos comentarios da publicación de Instagram. As respostas ou comentarios feitas noutras redes sociais non entrarán no sorteo.
  • Unha mesma persoa non poderá ser agraciada con máis dun exemplar.
  • No momento do sorteo, escolleranse os ganadores de forma consecutiva, asignando os libros en galego aos números impares e en castelán aos pares. É dicir, o 1º nome escollido levará o libro en galego, o 2º en castelán, e así sucesivamente.
  • Finalizado o sorteo, a Fundación Juana de Vega poñerase en contacto cos ganadores nos días seguintes vía mensaxes directos de Instagram, ou o medio que se considere máis oportuno, para solicitar a súa dirección postal.
  • A Fundación Juana de Vega farase cargo do envío dos 10 exemplares por correo postal ou o medio que considere máis adecuado. Non obstante, se a persoa agraciada así o desexa, poderá achegarse a recollelo na sede da entidade previo aviso á entidade.