Charla sobre Juana de Vega nas Palestras públicas da Agrupación Cultural O Facho

Share

Enrique Sáez Ponte, presidente da Fundación Juana de Vega, participa este martes, 12 de novembro (20:00h) nas Palestras públicas da Agrupación Cultural O Facho da Coruña. A charla terá lugar en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga 22, baixo. Cidade Vella - A Coruña).

O seu relatorio leva por título “Juana de Vega: á procura dunha sociedade mellor".

Ilustre coruñesa
A coruñesa Juana de Vega ocupa un lugar salientable no grupo de mulleres galegas que dedicaron a súa vida a construír unha sociedade mellor nos contextos económicos, sociopolíticos e culturais que lle tocou vivir. Segundo reza na contracapa da súa recente biografía “guiada pola máxima de “cumprir co seu deber”, isto é, cumprir co seu país, coa memoria do seu home, cos seus correlixionarios progresistas, cos nenos e nenas abandonados, cos pobres e enfermos, cos perseguidos, cos condenados e os faltos de educación formal.

Sorteo de dez biografías de Juana de Vega para celebrar o 152 aniversario da entidade