A Estratexia de dinamización do sector lácteo galego foi posta en marcha pola Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, co obxectivo de consolidar a Galicia como unha das principais rexións lácteas de Europa.
Malia os desafíos impostos por unhas cambiantes condicións de mercado nas últimas tres décadas, Galicia é hoxe en día a rexión coa maior producción de España e está entre as dez primeiras da UE. Aínda así, o sector lácteo galego presenta, tal e como se reflicte nesta Estratexia, unha serie de problemas que é necesario afrontar, como a mellora da base territorial das explotacións, a sucesión, a problemática medioambiental, o aumento do nivel de transformación industrial en Galicia cara a produtos de alto valor engadido, ou a mellora do ecosistema da I+D+i, entre outros.
Este traballo, que recolle 40 medidas e 128 accións, é froito dun amplo proceso de participaron con todos os integrantes da cadea de valor do leite.