Publicacións

Guía de boas practicas paisaxísticas na Terra Cha, ten como obxectivo aproximar á poboación da Terra Chá á súa paisaxe, descubrir con ela o seu valor e re­dactar unhas recomendacións que axuden a un des­envolvemento sostible do medio rural e á súa mellora paisaxística, contribuíndo á revitalización patrimonial e socioeconómica da contorna.

Este libro é o segundo volume da serie ilustrada "As novas casas galegas", no que se recollen as fotografías e planos das once casas que foron destacadas co premio, accésits e finalistas entre os anos 2007 e 2009 e conta coa colaboración dos arquitectos autores das obras que fan unha reflexión sobre a concepción do proxecto, a súa integración

Esta edición estará destinada ao alumnado e ao profesorado das distintas etapas da educación obligatoria de Galicia e estará dirixida a sensibilizar e concienciar ao alumnado galego sobre a importancia da paisaxe e da necesidade de realizar unha axeitada ordenación, xestión e conservación da mesma como elementos fundamentais para mellorar a calidade de vida da poboación.

Este libro editado conxuntamente pola Fundación e o Grupo de Acción Local Terra das Mariñas ten por obxecto poñer en valor os xardíns das Mariñas Coruñesas como elementos singulares do patrimonio e da paisaxe da Comarca, facendo realidade unha idea xurdida do “Plan de Dinamización Turístico Terra das Mariñas 2004 - 2007”.