A Estratexia de dinamización do sector cárnico de Galicia foi posta en marcha pola Xunta de Galicia, a través de la Consellería do Medio Rural, co obxectivo de posicionar a Galicia como unha rexión de referencia na produción de carne, cun alto nivel de competitividade e sostibilidade.
O sector cárnico é un dos piares básicos da economía rural de Galicia. Ten unha gran importancia económica en moitas das comarcas galegas, pero aínda maior é o seu impacto social e medioambiental, posibilitando a posta en valor de máis de 307.000 hectáreas de terras agrarias e xerando numerosos beneficios para o conxunto da sociedade.
Este documento estratéxico representa un esforzo de previsión e de planificación consensuada entre a administración autonómica e os principais sectores produtivos para sentar as bases do desenvolvemento futuro do sector cárnico.