Preséntase neste documento unha breve análise das rexións da UE-27 cunha maior produción de leite de vaca, comparando os últimos datos dispoñibles, ano 2022, respecto a 2014 e 2021.
As rexións estúdanse segundo as unidades territoriais NUTS, establecidas no Regulamento Nº2066/2016 da Comisión Europea, escollendo o nivel NUTS-2 por atoparse as Comunidades Autónomas españolas neste nivel. Asúmese que esta división pode crear distorsión, pero considérase que esta é a clasificación zonal máis acaída para ver o que ocorre en rexións “semellantes” a Galicia.
