Informe comercio exterior do sector lácteo de xaneiro a setembro de 2023

Informe comercio exterior do sector lácteo de xaneiro a setembro de 2023, editado pola Fundación Juana de Vega
Share

Preséntase neste breve informe o comercio exterior de produtos lácteos de leite de vaca de España nos primeiros 3 trimestres de 2023 e a evolución desde o ano 2019.

As exportacións ata setembro de 2023 superaron as 290 mil t de produto, representando os queixos un 25% dos produtos exportados, mentres que o leite líquido e os iogures tamén superaron o 20%. Pola súa parte, as importacións alcanzaron as 530 mil t, das que un 46% eran queixos, que representa máis de 240 mil t, cifra próxima ao total de produtos exportados. Tras os queixos, os principais produtos importados foron o leite líquido e o leite en po, cun 22% e un 13% do total, respectivamente.

Share

Información da publicación

Editado polo Servizo de Estudos e Informes Sectoriais da Fundación Juana de Vega.