O Grupo Operativo DIXITEGA presenta a futura plataforma TIC da IGP Ternera Gallega na Conferencia da Rede PAC da UE en Estoril
DIXITEGA foi un dos Grupos Operativos seleccionados para participar no encontro durante o que, hoxe e mañá, prevese a asistencia de medio milleiro de axentes do ecosistema innovador da Unión Europa. O proxecto de innovación galego conta cun estand propio desde o que avanzará o funcionamento da plataforma TIC desenvolvida para dixitalizar a cadea de valor da IGP Tenreira Galega. A Fundación Juana de Vega representa ao consorcio en calidade de entidade coordinadora do GO DIXITEGA, que finaliza o próximo setembro.