Presentación do Grupo Operativo Oliveiras de Galicia

Venres, 26-04-2024 · 11:00 - 13:00h

Once nomes propios para impulsar un novo sector productivo: Brava Gallega, Brétema, Carapucho, Carmeliña, Folgueira, Hedreira, Mansa Gallega, Maruxiña, Santiagueira, Susiña e Xoana

A sede da Misión Biológica de Galicia (MBG – CSIC) acollerá a xornada de presentación do Grupo Operativo para a multiplicación a grande escala de oliveira autóctona (propagación por estaca e micropropagación in vitro). O evento terá lugar o próximo venres, 26 de abril de 11:00 a 13:00h.

Con este proxecto de I+D+i búscase poñer a punto e optimizar técnicas ad hoc para reproducir once variedades únicas de oliveiras autóctonas galegas que permitan prover aos viveiros, de forma eficiente e sostible, de plantas que cubran a alta demanda rexistrada no mercado por novos agricultores galegos. 

O consorcio desta investigación aplicada, liderado pola Fundación Juana de Vega, está integrado pola Misión Biológica de Galicia (CSIC), a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL) da Consellería do Medio Rural, as empresas Ouro de Quiroga (Lugo) e Olivar de la Concordia (Valga, Pontevedra), e o laboratorio Cultigar, como colaborador externo.

Axenda

11:00 – 11:15h.- Benvida

11:15 -11:35h.- Produción de material vexetal de oliveiras autóctonas a grande escala. Propagación por estaca.
Carmen Martínez. MBG-CSIC

11:35 – 11:55h.- Produción de material vexetal de oliveiras autóctonas a grande escala. Cultivo in vitro.
Margarita Fraga. Laboratorio Cultigar

11:55 – 12:15h.- Grupo Operativo Oliveiras de Galicia: Once nomes propios para impulsar un novo sector productivo.
Alfonso Ribas. FJDV

12:15 – 12:30h.- Colección de oliveiras da Estación Experimental Agrogandeira da Pobra do Brollón.
Manuel Riveiro. Xunta de Galicia

12:30 – 13:00.- Visita aos invernadoiros e parcelas de olivos da MBG-CSIC.