Entrevista a José Manuel Andrade en relación ao "Estudo sobre a planta local galega"

Share

Durante o congreso "Reforma do mapa municipal de Galicia" presentouse o "Estudo sobre a planta local galega" realizado pola Fundación Juana de Vega en colaboración coas tres universidades galegas (Universidade de Santiago de Compostela, Universidade da Coruña e Universidade de Vigo).

Nesta entrevista para o xornal Novas do Eixo Atlántico, José Manuel Andrade Calvo, director da nosa entidade e coordinador do informe, fala dos obxectivos do Estudo, da viabilidade da actual radiografía municipal, dos sete casos de estudo seleccionados para a realización deste traballo respondendo a diferentes realidades ou doutras fórmulas de cooperación intermunicipal.

Nesta conversa tamén opina como se deberían presentar a nivel local estes cambios na ordenación do territorio e pon en valor a aposta da Xunta de Galicia por impulsar estudos deste tipo, "para abrir un debate serio sobre un tema que máis cedo ou tarde haberá que abordar".

Ler a entrevista completa aquí > “A actual configuración municipal de Galicia non é viable a medio e longo prazo”