A Fundación Juana de Vega coordinou a VII Reunión Casal de Armán – Foro Económico de Galicia

Share

Durante o encontro, que se celebrou en Ribadavia (Ourense), debateuse e reflexionouse sobre a situación, retos e oportunidades do sector cárnico, estratéxico para o medio rural de Galicia xa que achega o 34% da PFA (Produción Final Agraria). Está formado por 43.000 explotacións e 192 industrias que facturan uns 1.400M€/ano e empregan a unhas 5.800 persoas.

Representa, así mesmo, un papel esencial na xestión do territorio e na prevención dos incendios forestais. Non obstante, ten aínda moitos retos e oportunidades de mellora, e debilidades que superar, tal e como apuntaba nesta entrevista previa en Radio InterCoruña José Manuel Andrade, director da Fundación Juana de Vega.

Tras a inauguración, Andrade Calvo e Alfonso Ribas, director da área de Investigación e Innovación, presentaron a “Estratexia de dinamización do sector cárnico en Galicia 2022-2030. Contexto xeral e principais medidas e accións”.

Encuentro sectorial de referencia
Esta VII Reunión Casal de Armán – Foro Económico de Galicia foi un encontro de referencia para toda a cadea de valor do sector en Galicia, así como as interprofesionais cárnicas españolas. A edición deste 2023, reuniu a uns 40 expertos de ámbito estatal e autonómico en Ribadavia, entre os que se atopaban grandes empresas, distribución, cooperativistas, representantes de asociacións, pequenos produtores, investigadores e administracións.