Formación sobre modelos avanzados de xestión dixital para alumnado da EFA Fonteboa

Share

Hoxe, a Fundación Juana de Vega volveu á EFA Fonteboa da man do Grupo Operativo DIXITEGA para impartir unha formación especializada ao alumnado do 2º ciclo superior en Paisaxismo e Medio rural e ao do ciclo medio en Gandería. Ademais de dar a coñecer o noso proxecto para dixitalizar a cadea de valor da IXP Ternera Gallega, achegamos aos asistentes, futuros traballadores das explotacións agrogandeiras de Galicia, as vantaxes do uso das TIC e dos modelos avanzados de xestión dixital para mellorar en organización, eficiencia ou eficacia. Os encargados de impartir a sesión foron os compañeiros da tecnolóxica DIH DATAlife.

O luns, 19 de febreiro, trasladarémonos á EFA Sergude para outras dúas sesións, de 11 a 11:30h e de 12:30 a 13:30h, dirixidas ao alumnado do ciclo medio de Produción agropecuaria. En marzo, a formación estará dirixida ao ciclo superior Gandería e asistencia en sanidade animal e terá un carácter máis práctico. En total, serán cinco xornadas formativas e divulgativas nos dous centros formativos.

O Grupo Operativo DIXITEGA conta cun orzamento de 176.329,19€ financiado pola Consellería do Medio Rural a través do Plan de Desenvolvemento Rural. Ademais da Fundación Juana de Vega (coordinadores), participan Centro Tecnolóxico da Carne (Ceteca), o Consello Regulador das IXPs de Carne de Vacún de Galicia, a cooperativa AGRIGGA Carne SCG e a Fundación Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant). As entidades colaboradoras son o CIAM (Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo), Acruga e DIH DATAlife.