Os Faladoiros da Cátedra Juana de Vega son un espazo aberto para a discusión de cuestións relevantes do noso presente que desexamos analizar en todas as súas dimensións, con absoluta liberdade pero tamén co máximo rigor.
Este faladoiro ten por obxectivo 1) Reflexionar sobre os cambios necesarios para a incorporación real da perspectiva de xénero na ciencia, 2) Coñecer a situación actual das mulleres no Sistema de Ciencia e Tecnoloxía, barreiras e estereotipos que aínda permanecen e 3) Avanzar en propostas de acción para a igualdade.
Contamos para este obxectivo con achegas de persoas expertas, persoas con responsabilidades institucionais neste ámbito e, todas elas, todas nós con experiencias persoais diversas que enriquecerán o debate.
Coordinadora: Xulia Guntín Araujo. Dpto de Economía Cuantitativa, Universidade de Santiago de Compostela (USC)