Variedades de vide de interese comercial para a zona vitícola de Betanzos

Share

A Fundación Juana de Vega como iniciativa de desenvolvemento rural na área das Mariñas, financiou durante catro anos unha investigación para determinar o potencial do viño elaborado nesta comarca, a partir das variedades Branco Lexítimo e Agudelo.

A investigación permitiu recuperar estas variedades ancestrais de Betanzos e inscribilas no rexistro oficial de variedades comercias do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

Este libro recolle os resultados da investigación de xeito divulgativo, desde como xurdiu o proxecto ata o seu remate e os resultados acadados.

Share

Información da publicación