Grupo operativo DIXITEGA | Dixitalización da cadea de valor da IGP Ternera Gallega

A dixitalización das cadeas de valor nos diferentes sectores agrarios é unha tendencia en curso que se acelerou como resultado da pandemia. Non obstante, o agrícola segue a ser un dos menos dixitalizados a pesar de que se ten identificado como unha das necesidades máis importantes no futuro máis inmediato.

Acceder a datos de calidade, operar con eles ou incluso atopalos supón, a día de hoxe, todo un reto. Ademais, trátase dun sector altamente atomizado, o que, para as empresas tecnolóxicas, engade un problema ao tratar de conectalo.

Que estamos facendo?
O Grupo Operativo DIXITEGA está desenvolvendo unha plataforma que lle permitirá aos axentes da cadea de valor da IGP Ternera Gallega coñecer información que lle resulte relevante para a súa operatividade diaria. Para iso, analizaremos as necesidades dos axentes implicados, tanto na tipoloxía dos datos como na presentación dos mesmos. Ao mesmo tempo, ofrecerase formación para que os axentes coñezan o uso da plataforma creada.

Fases

  1. Fase de mapeo das bases de datos: Identificáronse as bases de datos existentes que podían resultar de interese para a cadea de valor da carne, analizando a dispoñibilidade dos datos e os formatos da mesma.
  2. Fase de análise das necesidades de información: realizaranse mesas de participación, entrevistas e cuestionarios para coñecer as necesidades de información que teñen os axentes e as súas preferencias á hora de acceder aos datos que se lles faciliten.
  3. Fase de creación da plataforma: a partir das necesidades detectadas e das preferencias establecidas, estase levando a cabo a creación dunha plataforma onde os datos poidan ser consultados.
  4. Fase de apoderamento dos axentes: unha vez que a plataforma estea completamente operativa, impartiranse sesións de formación-información para os axentes da cadea de valor, nas cales serán formados sobre o uso da plataforma. As 5 sesións terán lugar nos meses de xuño e xullo de 2024 en 5 localizacións diferentes: Lugo, Vilalba, Becerreá, A Gudiña e Santiago de Compostela.

Obxectivos

  • Facilitar aos axentes da cadea de valor da IGP Ternera Gallega datos relevantes que permitan:
    • Optimizar as operacións.
    • Mellorar a transparencia.
    • Transmitir información útil ao consumidor.
  • Capacitar aos axentes en relación á dixitalización para mellorar o aproveitamento e reducir a fenda dixital ante a adopción de determinadas tecnoloxías xa consolidadas.
  • Fomentar o uso de novas tecnoloxías ligadas á explotación de datos e mellorar o coñecemento das mesmas entre os axentes da cadea de IGP Ternera Gallega.

Datos básicos do proxecto
Duración: 25 meses (1 de setembro 2022- 30 de setembro 2024)

Consorcio DIXITEGA
Socios:
▪️  Fundación Juana de Vega (coordinador)
▪️  Consello Regulador das IXP de Carne de Vacún de Galicia
▪️  Agrigga Carne Soc. Coop. Galega
▪️  Gradiant

Colaboradores:
▪️  DIH Datalife
▪️  ACRUGA
▪️  Axencia Galega da Calidade Alimentaria

Orzamento
176.329,19€

Financiado por

Datos de contacto
Fundación Juana de Vega
Rúa Salvador Allende, 92. 15176 San Pedro de Nós (Oleiros, A Coruña)
T. 981 654 637 | info@juanadevega.org
Linkedin | X | Facebook | Instagram