Esta formación, de nivel básico e carácter eminentemente práctico en fruticultura, desenvolverase durante o outono de 2024 en sete xornadas en horario de tarde.
O alumnado estudará as operacións de colleita e de conservación da froita de maneira transversal a todas as producións frutícolas. Completarase con varios talleres prácticos para elaboración de zume de froitas, de sidra de mazá, de conservas e un último durante o que o alumnado aplicará outras técnicas para conservar a froita.
Duración
7 xornadas entre o 5 de setembro e o 21 de novembro.
No mes de decembro (data a concretar), terá lugar unha sesión de cata dos produtos elaborados coincidindo coa entrega dos diplomas. Tamén haberá unha visita de campo.
Horas: 40
Prezo: 100€
Prazas: 20
Lugar e horario
Todas as sesións son prácticas e terán lugar no CFEA de Guísamo (Bergondo) e na Fundación Juana de Vega (San Pedro de Nós, Oleiros) en horario de 16:00 a 20:00h.
Pola metodoloxía eminentemente práctica do curso, as condicións climatolóxicas poden obrigar a facer pequenos cambios e adaptacións do calendario.
Coordinadores xerais
Camino Nicolás Velado. CFEA de Guísamo (AGACAL)
Elena López Colmenero. Fundación Juana de Vega
Coordinador técnico
Luis Quinteiro González
Asistencia
A obtención do certificado de aproveitamento implica a asistencia ao 80% das horas lectivas.