Curso de Fruticultura 2024 | Poda de froiteiras  

Febreiro a xuño

Formación práctica de nivel básico en fruticultura seguindo o ciclo vexetativo de árbores froiteiras atlánticas. Todas as sesións (48 horas) terán lugar no CFEA de Guísamo de Bergondo (AGACAL) en horario de tarde entre febreiro e xuño, seguindo o ciclo vexetativo das plantas.

A Fundación Juana de Vega e a Axencia Galega da Calidade Agroalimentaria organizan no Centro de Formación Experimentación Agroforestal de Guísamo (Bergondo) unha nova edición do curso de Fruticultura. A primeira parte estará dedicada á poda de varios tipos árbores froiteiras en diferentes momentos do ano, incluíndo o uso e mantemento de ferramentas, entre outros conceptos. 

Este curso ten un enfoque eminentemente práctico, cunha duración descontinua que abrangue de febreiro a xuño. Haberá tamén unha visita de campo e a cata das froitas cultivadas durante a xornada de clausura.

Todas as sesións son prácticas e terán lugar no CFEA de Guísamo (AGACAL) en Bergondo (A Coruña). 

Obxectivos 
Ao remate do curso, o alumnado será capaz de: 

  • Realizar todas as operacións de xestión das explotacións froiteiras da zona atlántica. 
  • Realizar as tarefas de conservación, elaboración e comercialización de froitas. 

Para a consecución dos obxectivos, a execución do curso será de carácter descontinuo para que as prácticas se desenvolvan durante o ciclo vexetativo das árbores. 

Horas: 48  
Prezo: 100€ 
Prazas: 20 

Lugar 
Todas as sesións son prácticas e terán lugar no CFEA de Guísamo (Bergondo), salvo a xornada de inauguración de base teórica, que será na sede da Fundación Juana de Vega (San Pedro de Nós, Oleiros). 

Pola metodoloxía eminentemente práctica do curso, as condicións climatolóxicas poden obrigar a facer pequenos cambios e adaptacións do calendario. 

Coordinadores xerais
Camino Nicolás Velado. CFEA de Guísamo (AGACAL) 
Elena López Colmenero. Fundación Juana de Vega 

Coordinador técnico
 Luis Quinteiro González  

Axenda

Fundación Juana de Vega | 16:00 – 20:00h
Xoves, 15 de febreiro
16:00 a 16:30h.- Inauguración e presentación (Director Fundación Juana de Vega – Representante AGACAL – Directora CFEA de Guísamo).
16:30 – 19:30h.- Conferencia: “Evolución das técnicas de poda en viñedos e froiteiras”,
Xosé Antonio Meixide Fernández 

 

CFEA de Guísamo | 16:00 – 20:00h 

Martes, 20 de febreiro
Jaime Pardo Casal. Teoría e práctica: Conceptos xerais da poda da árbore froiteira. 

Mércores, 21 de febreiro
Jaime Pardo Casal. Teoría e práctica: A poda de frutais de pebida e carabuña. 

Martes, 27 de febreiro
Jaime Pardo Casal. Teoría e práctica: A poda de kiwi, castiñeiro e cítricos. 

Mércores, 28 de febreiro 
Luis Quinteiro González. Práctica en campo: poda de froiteiras (I). 

Martes, 5 de marzo
Luis Quinteiro González. Práctica en campo: poda de froiteiras (II). 

Martes, 12 de marzo
José Ángel Souto Villamarín. Teoría e práctica: ferramentas e utensilios de poda. Afiado. 

Martes, 16 de abril
Francisco Javier Vázquez Meizoso (2 horas) e José Luis Lavandeira García (2 horas). Teoría e práctica: Estados fenolóxicos. A poda de primavera, despuntes, incisións, espergurado, etc. 

Martes, 11 de xuño
Luis Quinteiro González. Práctica: a poda en verde e rareo de froitos. 

Data e horario a concretar
Visita de campo. 

Decembro. Data e horario a concretar 
Cata de froitos frescos. Clausura do curso.