A Fundación Juana de Vega publica o Informe do sector lácteo 2024, unha análise detallada da evolución da produción de leite en Galicia e da súa posición no contexto europeo. O estudo aborda o crecemento sostido do sector, a consolidación de Galicia como líder en España, a evolución das entregas e dos prezos, así como as tendencias de consumo de produtos lácteos. Ademais, examina a transformación da estrutura das explotacións, a situación da cadea láctea e a evolución da transformación industrial en Galicia, analizando a cantidade de leite procesado na comunidade. O informe inclúe tamén unha análise económica e financeira das principais industrias lácteas asentadas na nosa Comunidade.
Para descargar o informe é preciso cubrir este formulario [acceder aquí]