Impacto económico e social da enerxía eólica no mundo rural gallego

A Fundación Juana de Vega financia unha investigación para analizar o impacto económico e social da enerxía eólica no rural galego.

 

O principal obxectivo deste proxecto de investigación é analizar o impacto económico e social da enerxía eólica no mundo rural galego. Para isto, crearase unha base de datos que recolla os principais resultados sociais e económicos da instalación de parques eólicos no rural galego.

Este obxectivo xeral disgregarase nos seguintes subobxectivos:

  • Estimar as rendas que permanecen no mundo rural pola instalación de parques eólicos.
  • Estimar os beneficios sociais (emprego, transferencias, convenios cos Concellos...) que obteñen os axentes rurais pola instalación de parques eólicos.
  • Describir as iniciativas innovadoras, xa sexan produtivas ou non produtivas, que os propietarios dos montes puxeron en marcha no medio rural como consecuencia da instalación de parques eólicos (por exemplo, inversións en aproveitamentos gandeiros, en plantacións, iniciativas de turismo rural.....).

O equipo de investigación do proxecto, está dirixido polo Doutor Xavier Simón Fernández, Profesor Titular da Universidade de Vigo, pertencente a o Departamento de Economía Aplicada. Tamén participa a doutora María Montero Muñoz, Profesora Titular da Universidade de Vigo pertencente ao Departamento de Fundamentos de Análise Económico.