A investigación dotará de maior transparencia o proceso de negociación entre as empresas eólicas e os propietarios dos montes.
Vigo, 23 de marzo de 2010.- O Presidente da Fundación Juana de Vega, Enrique Sáez, e o Reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago, asinaron un convenio de colaboración para realizar unha investigación que ten por obxecto analizar o impacto económico e social da enerxÃa eólica no rural de Galicia. O estudo pretende facer unha estimación das rendas que permanecen no rural derivadas da instalación de parques eólicos nos montes galegos. Simultaneamente farase unha análise dos beneficios sociais en termos de emprego, transferencias e convenios cos concellos derivadas de ditas instalacións.
Segundo o responsable do mesmo, o profesor Xavier Simón, o estudo tratará ademais de describir aquelas iniciativas innovadoras, produtivas ou non produtivas, que os propietarios dos montes puxeron en marcha no medio rural coas rendas procedentes destas instalacións, tales como aproveitamentos gandeiros, plantacións de frondosas autóctonas, establecementos de turismo rural ou outras iniciativas para a posta en valor dos recursos patrimoniais e paisaxÃsticos de Galicia.
Na actualidade non existe en Galicia ningún estudo desta natureza, e para acometer a investigación, será preciso elaborar unha base de datos a nivel de parque eólico, concello e provincia que recolla os impactos económicos e sociais mencionados para o que se requirirá unha colaboración estreita dos propietarios rurais.
Contemplase tamén a realización de xornadas divulgativas dos resultados por diversos concellos de Galicia e a elaboración dun portal web que recolla a información acadada e as claves para a negociación coas eléctricas.
O Presidente da Fundación Juana de Vega resaltou que un aspecto importante deste traballo é o de contribuÃr a dotar de maior transparencia o proceso de negociación coas empresas, no que se produce unha asimetrÃa de información que prexudica aos propietarios dos montes en contratos a longo prazo.
A investigación terá unha duración de dous anos e ten como investigador principal a Xavier Simón, profesor titular do Departamento de EconomÃa Aplicada da Universidade de Vigo. Tamén participa MarÃa Montero Muñoz, profesora titular do Departamento de Fundamentos da Análise Económica da mesma universidade.
A entidade editou unha guÃa na que figuran consellos para reducir a asimetrÃa de información entre as partes negociadoras, que prexudica ao eslavón máis débil, os propietarios de montes. A xorn...
A Fundación Juana de Vega e a Universidade de Vigo editan unha guÃa para asesorar aos propietarios de montes, que son o elo máis feble na negociación coas grandes empresas eólicas. Este manual Ã...
Fortalecer a posición do máis débil. Ese é o principal obxectivo dos autores da GuÃa para vos propietarios de terreos eólicos publicada pola Fundación Juana de Vega e a Universidade de Vigo. «...
A Fundación Juana de Vega financia unha investigación para analizar o impacto económico e social da enerxÃa eólica no rural galego....