A Fundación Juana de Vega promove en colaboración coa EFA Piñeiral o curso “IINNOVACIÓN EN MARKETING, BRANDING E PACKAGING NAS EMPRESAS AGROALIMENTARIAS” que se desenvolverá na sede da EFA Piñeiral en Arzúa os días 18 e 19 de maio de 2023, en horario de 9:30 a 14:30 horas. Este curso está dirixido persoas emprendedoras, produtores e transformadores agroalimentarios e demais persoas interesadas.
OBXECTIVOS
- Coñecer os elementos máis relevantes dun Plan de Marketing, e o modo de aplicar na práctica os principios básicos do marketing e comunicación en calquera negocio.
- Coñecer as novas tendencias de deseño e presentación de etiquetas e envases para as producións agroalimentarias.
- Recibir asesoramento da man de expertos sobra a aplicación de innovación no branding e packaging de produtos agroalimentarios.
DATA:
18 e 19 de maio de 2023
LUGAR:
EFA Piñeiral- Centro de Formación Profesional e Promoción Rural. Santa María s/n Arzúa.
https://maps.app.goo.gl/oPmDDfVmFve1aJ3e9
PROGRAMA
Xoves 18
9:30 a 14 h. Pack different my friend!… Fundamentos do Marketing e a Comunicación. Xosé Luis Reza, Presidente do Clúster do Ecommerce de Galicia e Presidente Fundador de Markea e do Clúster da Comunicación de Galicia.
- O cliente como razón de ser da empresa
- Concepto de Márketing
- O Plan de Márketing
- Estudo de mercado. Análise da empresa e do contorno.
- Márketing estratéxico (segmentación do mercado, posicionamento, valores e vantaxas competitivas).
11.30 a 12.00h Pausa café.
- Márketing operativo
- Produto. Marca e Packaging.
- Prezo.
- Distribución.
- Comunicación.
- Co-marketing: unha ferramenta especialmente útil para as pemes.
- Márketing relacional: o cliente coma centro dunha relación duradeira.
Venres 19
9:30 a 10:30 h. Branding & Packaging. A importancia da marca no envoltorio. Xose Teiga. Director creativo de Xosé Teiga Studio.
10:30 a 11 h.Pausa café
11 a 12 h. O packaging como elemento dinamizador das ventas. A importancia dun bo packaging. Rosa Pumar. Directora Xeral de Imaxe.
12 a 13 h. Tendencias en innovación de packaging no sector lácteo internacional. Alfonso Pérez. CEO en Foodtec. Coñeceremos unha recompilación das estratexias de envasado e etiquetaxe empregadas no sector lácteo e competidores, tanto a nivel internacional como nacional, para o lanzamento de novos produtos e a renovación das gamas existentes.
13 a 14 h. Asesoramento ás empresas asistentes por parte de Xosé Teiga, Rosa Pumar e Alfonso Pérez. Como aplicar a innovación no meu produto?
14 a 15 h. Aperitivo con produtos locais elaborado por os alumnos/as do Ciclo de Panadería, Repostería e Confitería da EFA Piñeiral.
15 a 15:30 h. Visita ao obrador de panadaría, repostaría e confeitaría da EFA Piñeiral.
15:30 a 17:30 h. Visita agroturística ao Pazo de Santa María, Queixería Galmesán e outra queixería amparada na D.O.P. Arzúa- Ulloa.
(As visitas son de carácter voluntario)
PRAZAS LIMITADAS