A Fundación Juana de Vega e a Axencia Galega da Calidade Agroalimentaria organizan no Centro de Formación Experimentación Agroforestal de Guísamo (Bergondo) un curso de iniciación á poda da vide. O curso aborda as bases da poda de inverno nas viñas.
Este curso ten un enfoque eminentemente práctico, durante os meses de febreiro e marzo de 2025.
Todas as sesións son teórico-prácticas e terán lugar no CFEA de Guísamo (AGACAL) en Bergondo (A Coruña), salvo a xornada inicial que será na Fundación Juana de Vega en Oleiros.
Obxectivos
Ao remate do curso, o alumnado:
- Coñecerá os beneficios da correcta poda da vide a nivel de formación das plantas e de optimización da calidade e cantidade de uva.
- Será capaz de programar a poda cepas tanto de variedade brancas (branca lexitima, godello, agudelo, albariño, etc.) e tintas (mencía, brancellao, merenzao, sousón, etc.). en función do estado de desenvolvemento dos exemplares e dos obxectivos a acadar.
- Será capaz de realizar, de maneira axeitada, a poda das cepas.
Horas: 23
Prezo: 70€
Prazas: 20
Horario: 16:00 - 20:00h
Lugar
Todas as sesións prácticas terán lugar no CFEA de Guísamo (Bergondo). A xornada de inauguración, de base teórica, será na sede da Fundación Juana de Vega (San Pedro de Nós, Oleiros).
Pola metodoloxía eminentemente práctica do curso, as condicións climatolóxicas poden obrigar a facer pequenos cambios e adaptacións do calendario.
Coordinadoras xerais
Camino Nicolás Velado. CFEA de Guísamo (AGACAL)
Elena López Colmenero. Fundación Juana de Vega
Docente
Luis Quinteiro González


