Teresa Miras Portugal nomeada vocal do padroado da Fundación Juana De Vega

Share

Oleiros, 18 de decembro de 2008.- Dª Teresa Miras Portugal formará parte da Xunta de Padroado da Fundación Juana de Vega.

Teresa Miras Portugal, natural de O Carballiño (Ourense), é Catedrática de Bioquímica e Bioloxía Molecular da Universidade Complutense de Madrid, membro de numerosas sociedades científicas internacionais nas que ocupou cargos de responsabilidade nas súas directivas, entre outras: Sociedade Española de Bioquímica e Bioloxía Molecular (SEBBM), European Society for Neurochemistry (ESN), International Society for Neurochemistry (ISN), Advisory Board of Chromaffin Cells, Purinergic Club, Editorial Board do Journal of Neurochemistry e Subcomité para nomenclatura de receptores da IUPHAR. É, ademáis, Presidenta da Real Academia Nacional de Farmacia.

Con este nomeamento, a Fundación Juana de Vega incorpora ao seu máximo órgano de dirección a unha científica galega de prestixio internacional, que conta con unha longa traxectoria docente e investigadora no ámbito da neurociencia.

Desde o seu novo cargo, impulsará a línea que a Fundación iniciou fai uns anos co desenvolvemento de proxectos de investigación orientados á mellora da calidade da produción agrícola de Galicia, e coa posta en marcha dun programa de Bolsas para que titulados doutores poidan desenvolver traballos de investigación durante un período de dous anos en centros de investigación de excelencia no estranxeiro.

A Xunta de Padroado da Fundación Juana de Vega nomeou a Dª. Teresa Miras Portugal Vocal da mesma na última reunión do Padroado.