Estudo do potencial das variedades Branco lexítimo e Agudelo (Vitis vinifera l.) na zona vitícola de Betanzos

Como iniciativa dinamizadora de desenvolvemento rural na área de “As Mariñas”, a Fundación impulsa e finanza un proxecto de investigación de tres anos de duración, para o estudo do potencial vitícola de dúas variedades de uva autóctonas de Betanzos: a Branca Lexítima e Agudelo.

 

Como iniciativa dinamizadora de desenvolvemento rural na área de "As Mariñas", a Fundación impulsa e finanza un proxecto de investigación de tres anos de duración, para o estudo do potencial vitícola de dúas variedades de uva autóctonas de Betanzos: a Branca Lexítima e Agudelo.

No estudo participan o Grupo de Viticultura II da Misión Biolóxica de Galicia (CSIC) a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA) da Xunta de Galicia e a Asociación de Viticultores e Adegueiros de Betanzos e Comarca.

Para o desenvolvemento do proxecto de investigación, a Fundación arrenda diversos viñedos das variedades citadas, realízanse análises de ADN para determinar si efectivamente pertencen as mesmas, e técnicos de EVEGA e da Misión Biolóxica de Galicia, realizan o manexo e control das vides durante o seu ciclo vexetativo, co obxectivo de obter unha uva da mellor calidade posible para, finalmente, elaborar viños monovarietais.